As imaxes máis recentes

  • NGC7538
    Nebulosa da lagoa do norte
  • SH2-170
    Nebulosa Pequena Roseta
  • NGC6914
  • SH2-155
    Nebulosa da cova
  • M73
  • M56
  • NGC6823
    NGC6820
  • M4
    Cúmulo do cangrexo
  • IC1318
    Nebulosa das ás de bolboreta
  • M81
    Galaxia de Bode
  • M68
  • M5
    Cúmulo da Rosa
  • M36
  • M37
    Cúmulo de Sal e Pementa
  • M38
  • NGC1788
    Nebulosa do morcego cósmico
  • Barnard 174
    Barnard 174
  • M9
  • M19
  • M26

NGC7538

Nebulosa da lagoa do norte


Nome obx: Nebulosa da lagoa do norte
Constelación: Cefeo
Data e lugar: 2024/09/09, Viana do Bolo
Telescopio e cámara:CT10 Orion, ZWO ASI 2600 MC Pro
Tempo de exposición: 4h


NGC 7538 é unha nebulosa de emisión e reflexión preto da fronteira entre Casiopea e Cefeo. É o fogar da maior protoestrela coñecida. O Observatorio Espacial Herschel tamén identificou 13 masas masivas e densas onde se poderían formar estrelas colosais no futuro, así como un estraño anel de sementes estelares que pode ser o bordo dunha burbulla tallada por explosións estelares anteriores. NGC 7538 está a uns 9000 anos luz de distancia da Terra.

SH2-170

Nebulosa Pequena Roseta


Nome obx: Nebulosa Pequena Roseta
Constelación: Casiopea
Data e lugar: 2024/08/05, Viana do Bolo
Telescopio e cámara:CT10 Orion, ZWO ASI 2600 MC Pro
Tempo de exposición: 4h45m


Na zona do ceo da constelación de Casiopea hai unha rexión HII, unha nube de po e gas ionizado (hidróxeno) a uns 7.500 anos luz, na que hai unha intensa formación estelar. Esta rexión HII está formada por unha nebulosa de emisión con numerosas estrelas formadas a partir dela. Sh2-170 é unha nebulosa de emisión, unha nube de po e gas (practicamente hidróxeno, aínda que tamén contén outros gases), onde o devandito gas é ionizado e emite luz. Os gases das nebulosas son ionizados pola intensa radiación ultravioleta dunha ou máis estrelas enerxéticas próximas, o que fai que o hidróxeno perda o seu único electrón (ionízase, neste caso con carga positiva cando se perde o electrón) e emite luz.

NGC6914


Constelación: Cisne
Data e lugar: 2024/07/04, Viana do Bolo
Telescopio e cámara:CT10 Orion, ZWO ASI 2600 MC Pro
Tempo de exposición: 3h15m


No complexo NGC 6914 atopamos os tres tipos de nebulosas: as nebulosas azuis de reflexión, tres en concreto que están no centro da imaxe. Chámanse así porque non brillan con luz propia, senón que reflicten a luz de estrelas próximas, brillando con ese ton azul típico das nebulosas de reflexión; estas nebulosas están rodeadas de toda unha serie de nebulosas de emisión vemellas, as cales si emiten luz, de aí o seu nome. A luz de estrelas cercanas é moi enerxética e ioniza os átomos do gas da nebulosa (hidróxeno), emitindo esa luz vermella típica destas nebulosas. Por outra banda hai tamén varias nebulosidades escuras, as cales nin emiten nin reflicten luz, xa que non teñen estrelas próximas que lles faga emitir ou reflectir luz. Se ben o complexo NGC 6914 é o conxunto de todas estas nebulosas de reflexión, emisión e escuras, NGC 6914 é, en concreto, a cadea das tres nebulosas centrais de reflexión.

SH2-155

Nebulosa da cova


Nome obx: Nebulosa da cova
Constelación: Cefeo
Data e lugar: 2024/06/04, Viana do Bolo
Telescopio e cámara:CT10 Orion, ZWO ASI 2600 MC Pro
Tempo de exposición: 2h5m


A grande e tenue nebulosa de emisión Sh2-155 en Cefeo atópase a unha distancia de 2400 anos luz e abarca outros 35 anos luz de diámetro. Caracterízase por unha rica nebulosidade de emisión H-II, sendo a metade norte da nebulosa significativamente máis brillante cá metade sur. Coñecida comunmente como a Nebulosa da Cova debido a unha formación circular preto do centro que se asemella a unha cova, Sh2-155 tamén se caracteriza por unha nebulosidade de reflexión.

M73


Constelación: Augadeiro
Data e lugar: 2023/09/19, Viana do Bolo
Telescopio e cámara:CT10 Orion, ZWO ASI 2600 MC Pro
Tempo de exposición: 50m


M56


Constelación: Lira
Data e lugar: 2023/09/18, Viana do Bolo
Telescopio e cámara:CT10, ZWO ASI 2600 MC Pro
Tempo de exposición: 40m


NGC6823

NGC6820


Nome obx: NGC6820
Constelación: Raposiña
Data e lugar: 2023/07/01, Viana do Bolo
Telescopio e cámara:CT10 Orion, ZWO ASI 2600 MC Pro
Tempo de exposición: 2h55m


M4

Cúmulo do cangrexo


Nome obx: Cúmulo do cangrexo
Constelación: Escorpión
Data e lugar: 2023/06/44, Viana do Bolo
Telescopio e cámara:CT10, ZWO ASI 2600 MC Pro
Tempo de exposición: 35m


IC1318

Nebulosa das ás de bolboreta


Nome obx: Nebulosa das ás de bolboreta
Constelación: Cisne
Data e lugar: 2023/06/24, Viana do Bolo
Telescopio e cámara:CT10 Orion, ZWO ASI 2600 MC Pro
Tempo de exposición: 2h5m


M81

Galaxia de Bode


Nome obx: Galaxia de Bode
Constelación: Osa Maior
Data e lugar: 2023/05/15, Viana do Bolo
Telescopio e cámara:CT10, ZWO ASI 2600 MC Pro
Tempo de exposición: 1h5m


Ten unha estrutura elíptica perfecta, cun bulbo moi potente de cor amarela e uns brazos extensos de cor azulada.

M68


Constelación: Serpe
Data e lugar: 2023/04/24, Viana do Bolo
Telescopio e cámara:CT10, ZWO ASI 2600 MC Pro
Tempo de exposición: 25m


M5

Cúmulo da Rosa


Nome obx: Cúmulo da Rosa
Constelación: Serpe
Data e lugar: 2023/04/22, Viana do Bolo
Telescopio e cámara:CT10, ZWO ASI 2600 MC Pro
Tempo de exposición: 30m


Ten forma elíptica, e un diámetro de 130 anos luz.

M36


Constelación: Auriga
Data e lugar: 2023/02/26, Viana do Bolo
Telescopio e cámara:CT10, ZWO ASI 2600 MC Pro
Tempo de exposición: 40m


M37

Cúmulo de Sal e Pementa


Nome obx: Cúmulo de Sal e Pementa
Constelación: Auriga
Data e lugar: 2023/02/26, Viana do Bolo
Telescopio e cámara:CT10, ZWO ASI 2600 MC Pro
Tempo de exposición: 30m


M38


Constelación: Auriga
Data e lugar: 2023/02/26, Viana do Bolo
Telescopio e cámara:CT10, ZWO ASI 2600 MC Pro
Tempo de exposición: 25m


NGC1788

Nebulosa do morcego cósmico


Nome obx: Nebulosa do morcego cósmico
Constelación: Orión
Data e lugar: 2023/01/27, Viana do Bolo
Telescopio e cámara:CT10, ZWO ASI 2600 MC Pro
Tempo de exposición: 1h40m


NGC1788 é unha nebulosa que está situada a uns mil trescentos anos luz de distancia, nun recanto escuro da constelación de Orión. NGC1788 está a unha distancia similar a M42, pero é unha nebulosa de reflexión que non emite luz propia, senón que simplemente reflicte a luz das estrelas brillantes e de aí que sexa menos visible ca M42. De feito, algunhas destas estrelas atópanse mergulladas nas profundidades da propia nube e a súa luz chega ó exterior atravesando as rexións máis tenues, pero outras están tan escurecidas que non resultan visibles no óptico. A forma desta nebulosa, constituída esencialmente por hidrógeno, foi esculpida polo efecto combinado dos ventos e das radiacións das estrelas próximas. Xunto co hidróxeno, existen na nebulosa pequenas partículas de material sólido, grans miúdos ou como area fina dunha praia. Estes grans de polvo interestelar actúan como unha pantalla que non deixa ver as estrelas situadas detrás da nebulosa. Nestas rexións escuras danse as condicións precisas para que se formen estrelas novas.

Barnard 174

Barnard 174


Nome obx: Barnard 174
Constelación: Cefeo
Data e lugar: 2022/10/01, Viana do Bolo
Telescopio e cámara:CT10, ZWO ASI 2600 MC Pro
Tempo de exposición: 40m


Barnard 174 é unha nebulosa escura moi densa, que absorbe a luz das estrelas que hai detrás da nebulosa. As observacións por infravermellos mostran moitas estrelas novas nesta rexión, de onde se conclúe que B174 é unha rexión activa de formación estelar.

M9


Constelación: Serpentario
Data e lugar: 2022/05/28, Viana do Bolo
Telescopio e cámara:CT10, ZWO ASI 2600 MC Pro
Tempo de exposición: 30m


M19


Constelación: Serpentario
Data e lugar: 2022/05/28, Viana do Bolo
Telescopio e cámara:CT10, ZWO ASI 2600 MC Pro
Tempo de exposición: 55m


M26


Constelación: Escudo
Data e lugar: 2022/05/28, Viana do Bolo
Telescopio e cámara:CT10, ZWO ASI 2600 MC Pro
Tempo de exposición: 40m