Nebulosas

As nebulosas son grandes nubes formadas principalmente de gas, fundamentalmente hidróxeno e helio, e po. As nebulosas poden ser de emisión (brillan porque as estrelas circundantes excitan o gas), de reflexión (reflicten a luz das estrelas próximas) ou escuras (non emiten luz).

  • NGC7538
    Nebulosa da lagoa do norte
  • SH2-170
    Nebulosa Pequena Roseta
  • NGC6914
  • SH2-155
    Nebulosa da cova
  • NGC6823
    NGC6820
  • IC1318
    Nebulosa das ás de bolboreta
  • Barnard 174
    Barnard 174
  • IC443
    Nebulosa da Medusa
  • M42
    Gran nebulosa de Orión
  • NGC2024
    Nebulosa da Flama
  • NGC2359
    Helmo de Thor
  • NGC2237
    Nebulosa Roseta
  • M78
    Nebulosa de Casper
  • NGC2264
    Árbore de Nadal
  • NGC7380
    Nebulosa da Meiga
  • M20
    Nebulosa trífida
  • M8
    Nebulosa da lagoa
  • M17
    Nebulosa Omega
  • NGC6960
    Nebulosa dos filamentos
  • NGC281
    Nebulosa Pacman
  • NGC7000
    Nebulosa de Norteamérica
  • IC1396
    Nebulosa da trompa de elefante
  • NGC7635
    Nebulosa da burbulla
  • NGC6992
    Nebulosa do veo
  • IC5067
    Nebulosa do pelícano
  • M16
    Nebulosa da aguia
  • NGC6888
    Nebulosa crecente
  • NGC2174
    Nebulosa da cabeza de mono
  • IC434
    Nebulosa da cabeza de cabalo
  • NGC1491
    Nebulosa da pisada fósil
  • NGC7023
    Nebulosa iris
  • IC1795
    Nebulosa da cabeza de peixe
  • NGC1579
    Nebulosa trífida do norte
  • IC410
  • IC5146
    Nebulosa do casulo

NGC7538

Nebulosa da lagoa do norte


Nome obx: Nebulosa da lagoa do norte
Constelación: Cefeo
Data e lugar: 2024/09/09, Viana do Bolo
Telescopio e cámara:CT10 Orion, ZWO ASI 2600 MC Pro
Tempo de exposición: 4h


NGC 7538 é unha nebulosa de emisión e reflexión preto da fronteira entre Casiopea e Cefeo. É o fogar da maior protoestrela coñecida. O Observatorio Espacial Herschel tamén identificou 13 masas masivas e densas onde se poderían formar estrelas colosais no futuro, así como un estraño anel de sementes estelares que pode ser o bordo dunha burbulla tallada por explosións estelares anteriores. NGC 7538 está a uns 9000 anos luz de distancia da Terra.

SH2-170

Nebulosa Pequena Roseta


Nome obx: Nebulosa Pequena Roseta
Constelación: Casiopea
Data e lugar: 2024/08/05, Viana do Bolo
Telescopio e cámara:CT10 Orion, ZWO ASI 2600 MC Pro
Tempo de exposición: 4h45m


Na zona do ceo da constelación de Casiopea hai unha rexión HII, unha nube de po e gas ionizado (hidróxeno) a uns 7.500 anos luz, na que hai unha intensa formación estelar. Esta rexión HII está formada por unha nebulosa de emisión con numerosas estrelas formadas a partir dela. Sh2-170 é unha nebulosa de emisión, unha nube de po e gas (practicamente hidróxeno, aínda que tamén contén outros gases), onde o devandito gas é ionizado e emite luz. Os gases das nebulosas son ionizados pola intensa radiación ultravioleta dunha ou máis estrelas enerxéticas próximas, o que fai que o hidróxeno perda o seu único electrón (ionízase, neste caso con carga positiva cando se perde o electrón) e emite luz.

NGC6914


Constelación: Cisne
Data e lugar: 2024/07/04, Viana do Bolo
Telescopio e cámara:CT10 Orion, ZWO ASI 2600 MC Pro
Tempo de exposición: 3h15m


No complexo NGC 6914 atopamos os tres tipos de nebulosas: as nebulosas azuis de reflexión, tres en concreto que están no centro da imaxe. Chámanse así porque non brillan con luz propia, senón que reflicten a luz de estrelas próximas, brillando con ese ton azul típico das nebulosas de reflexión; estas nebulosas están rodeadas de toda unha serie de nebulosas de emisión vemellas, as cales si emiten luz, de aí o seu nome. A luz de estrelas cercanas é moi enerxética e ioniza os átomos do gas da nebulosa (hidróxeno), emitindo esa luz vermella típica destas nebulosas. Por outra banda hai tamén varias nebulosidades escuras, as cales nin emiten nin reflicten luz, xa que non teñen estrelas próximas que lles faga emitir ou reflectir luz. Se ben o complexo NGC 6914 é o conxunto de todas estas nebulosas de reflexión, emisión e escuras, NGC 6914 é, en concreto, a cadea das tres nebulosas centrais de reflexión.

SH2-155

Nebulosa da cova


Nome obx: Nebulosa da cova
Constelación: Cefeo
Data e lugar: 2024/06/04, Viana do Bolo
Telescopio e cámara:CT10 Orion, ZWO ASI 2600 MC Pro
Tempo de exposición: 2h5m


A grande e tenue nebulosa de emisión Sh2-155 en Cefeo atópase a unha distancia de 2400 anos luz e abarca outros 35 anos luz de diámetro. Caracterízase por unha rica nebulosidade de emisión H-II, sendo a metade norte da nebulosa significativamente máis brillante cá metade sur. Coñecida comunmente como a Nebulosa da Cova debido a unha formación circular preto do centro que se asemella a unha cova, Sh2-155 tamén se caracteriza por unha nebulosidade de reflexión.

NGC6823

NGC6820


Nome obx: NGC6820
Constelación: Raposiña
Data e lugar: 2023/07/01, Viana do Bolo
Telescopio e cámara:CT10 Orion, ZWO ASI 2600 MC Pro
Tempo de exposición: 2h55m


IC1318

Nebulosa das ás de bolboreta


Nome obx: Nebulosa das ás de bolboreta
Constelación: Cisne
Data e lugar: 2023/06/24, Viana do Bolo
Telescopio e cámara:CT10 Orion, ZWO ASI 2600 MC Pro
Tempo de exposición: 2h5m


Barnard 174

Barnard 174


Nome obx: Barnard 174
Constelación: Cefeo
Data e lugar: 2022/10/01, Viana do Bolo
Telescopio e cámara:CT10, ZWO ASI 2600 MC Pro
Tempo de exposición: 40m


Barnard 174 é unha nebulosa escura moi densa, que absorbe a luz das estrelas que hai detrás da nebulosa. As observacións por infravermellos mostran moitas estrelas novas nesta rexión, de onde se conclúe que B174 é unha rexión activa de formación estelar.

IC443

Nebulosa da Medusa


Nome obx: Nebulosa da Medusa
Constelación: Xemelgos
Data e lugar: 2022/04/04, Viana do Bolo
Telescopio e cámara:CT10, ZWO ASI 2600 MC Pro
Tempo de exposición: 4h45m


A nebulosa Medusa é un resto de supernova. Cando unha estrela moi masiva (neste caso unhas 20 masas solares) queda sen combustible, as capas exteriores colapsan cara ó núcleo denso da estrela e rebotan nel, explotando violentamente nun evento chamado supernova e expulsando a maior parte da estrela cara ó exterior, formando estas nebulosas chamadas restos de supernova. No seu interior está o que queda da estrela orixinal, o núcleo denso chamado estrela de neutróns. No caso da nebulosa Medusa, a estrela de neutróns xira a unha velocidade vertixinosa, polo que podería tratarse dun púlsar (unha estrela de neutróns que xira moi rápido e emite radiación periódica).

M42

Gran nebulosa de Orión


Nome obx: Gran nebulosa de Orión
Constelación: Orión
Data e lugar: 2022/03/06, Viana do Bolo
Telescopio e cámara:CT10, ZWO ASI 2600 MC Pro
Tempo de exposición: 2h45m


Esta nebulosa de emisión é un dos obxectos máis brillantes do ceo profundo. É unha nube de gas e po que contén no centro o cúmulo do trapecio, que consta de 8 estrelas.

NGC2024

Nebulosa da Flama


Nome obx: Nebulosa da Flama
Constelación: Orión
Data e lugar: 2022/01/30, Viana do Bolo
Telescopio e cámara:CT10, ZWO ASI 2600 MC Pro
Tempo de exposición: 3h20m


O nome desta nebulosa de emisión débese a que lembra as lapas dunha fogueira. A estrela máis brillante da imaxe é Alnitak, no cinto de Orión. NGC 2024 é unha nebulosa de emisión, isto é, unha enorme nube de po e gas (principalmente hidróxeno), que brilla porque os seus átomos de hidróxeno se ionizan e emiten luz debido á radiación dalgunhas estrelas próximas. Atravesando o centro da nebulosa temos unha nebulosa escura que se ramifica e que tapa un cúmulo de estrelas moi novas formadas nesta nebulosa. Pensábase que a estrela que ionizaba o hidróxeno de NGC2024 era Alnitak, pero esta estrela, aínda que aparentemente dende a Terra semella estar moi preto da nebulosa, en verdade non é así e parece ser que é unha estrela deste cúmulo a responsable desta ionización.

NGC2359

Helmo de Thor


Nome obx: Helmo de Thor
Constelación: Can Maior
Data e lugar: 2022/01/29, Viana do Bolo
Telescopio e cámara:CT10, ZWO ASI 2600 MC Pro
Tempo de exposición: 3h20m


O nome desta nebulosa fai referencia á súa forma, que semella un helmo con ás, como o do deus viquingo. A orixe desta nebulosa é a expansión dunha masa de gases orixinal debida a unha estrela supermasiva e moi quente que está no centro da zona da burbulla; esta estrela agárdase que rebente de xeito expectacular nalgún momento dos próximos miles de anos. A nebulosa ten un diámetro de 30 anos luz e atópase a uns 12000 anos luz de distancia da Terra.

NGC2237

Nebulosa Roseta


Nome obx: Nebulosa Roseta
Constelación: Unicornio
Data e lugar: 2022/01/23, Viana do Bolo
Telescopio e cámara:CT10, ZWO ASI 2600 MC Pro
Tempo de exposición: 1h30m


A nebulosa Roseta é unha enorme nube de gas e po que se extende un 100 anos luz e caracterízase por ser unha gardería estelar xigante. Está a unha distancia de 4500 anos luz da Terra e a súa cavidade central ten un diámetro de 50 anos luz de diámetro.

M78

Nebulosa de Casper


Nome obx: Nebulosa de Casper
Constelación: Orión
Data e lugar: 2022/01/21, Viana do Bolo
Telescopio e cámara:CT10, ZWO ASI 2600 MC Pro
Tempo de exposición: 3h5m


É a nebulosa difusa máis brillante do ceo e está iluminada por estrelas azuis.

NGC2264

Árbore de Nadal


Nome obx: Árbore de Nadal
Constelación: Unicornio
Data e lugar: 2022/01/21, Viana do Bolo
Telescopio e cámara:CT10, ZWO ASI 2600 MC Pro
Tempo de exposición: 2h21m


A Nebulosa do Cono é unha rexión H II da constelación de Unicornio e recibe o nome da súa forma cónica. Atópase na parte sur de NGC 2264, na parte norte do Clúster da Árbore de Nadal. A forma cónica é dunha nebulosa de absorción escura formada por hidróxeno molecular frío e po diante dunha nebulosa de emisión débil que contén hidróxeno ionizado por S Monocerotis, a estrela máis brillante de NGC 2264. A nebulosa débil ten uns sete anos luz e está a 2.700 anos luz da Terra. O cúmulo da árbore de Nadal é un cúmulo aberto que se chama así porque se asemella a unha árbore na luz visible. O Cúmulo da Árbore de Nadal contén unhas 40 estrelas. Na base do cúmulo está o seu membro máis brillante, 15 Monocerotis (S Mon) de tipo espectral xigante O7, unhas 8.500 veces máis luminosa có Sol, que oscila entre as magnitudes 4,2 e 4,6.

NGC7380

Nebulosa da Meiga


Nome obx: Nebulosa da Meiga
Constelación: Cefeo
Data e lugar: 2021/09/05, Viana do Bolo
Telescopio e cámara:CT10, ZWO ASI 2600 MC Pro
Tempo de exposición: 2h


NGC7380 fai referencia a un cúmulo estelar que está incrustado profundamente dentro dunha nebulosa. Esta é unha rexión activa de formación de estrelas que cos seus ventos estelares esculpiron a nebulosa.

M20

Nebulosa trífida


Nome obx: Nebulosa trífida
Constelación: Arqueiro
Data e lugar: 2021/09/04, Viana do Bolo
Telescopio e cámara:CT10, ZWO ASI 2600 MC Pro
Tempo de exposición: 1h30m


Está formada por tres lóbulos. É unha nebulosa vermella de emisión e ten no centro un cúmulo estelar.

M8

Nebulosa da lagoa


Nome obx: Nebulosa da lagoa
Constelación: Arqueiro
Data e lugar: 2021/08/27, Viana do Bolo
Telescopio e cámara:CT10, ZWO ASI 2600 MC Pro
Tempo de exposición: 50m


Está a unha distancia de 5.200 anos luz. No interior da rexión máis brillante está o chamado Reloxo de Area, que é un lugar onde se están a crear estrelas.

M17

Nebulosa Omega


Nome obx: Nebulosa Omega
Constelación: Arqueiro
Data e lugar: 2021/08/12, Viana do Bolo
Telescopio e cámara:CT10, ZWO ASI 2600 MC Pro
Tempo de exposición: 2h45m


Tamén se chama nebulosa do cisne, nebulosa da ferradura e nebulosa da lagosta. É unha rexión de formación estelar e brilla por emisión excitada, causada pola radiación de alta enerxía das estrelas máis novas, que curiosamente están escondidas dentro da nebulosa. Está a uns 5.000 anos luz.

NGC6960

Nebulosa dos filamentos


Nome obx: Nebulosa dos filamentos
Constelación: Cisne
Data e lugar: 2021/08/11, Viana do Bolo
Telescopio e cámara:CT10, ZWO ASI 2600 MC Pro
Tempo de exposición: 4h


Tamén coñecida como nebulosa da vasoira da bruxa.

NGC281

Nebulosa Pacman


Nome obx: Nebulosa Pacman
Constelación: Casiopea
Data e lugar: 2021/07/19, Viana do Bolo
Telescopio e cámara:CT10, ZWO ASI 2600 MC Pro
Tempo de exposición: 2h35m


A nebulosa Pacman recibe o nome da semellanza que ten co personaxe do videoxogo. É unha rexión H II formada por unha enorme nube de hidróxeno e plasma na que se están a formar estrelas. Estas estrelas novas emiten unha enorme radiación ultravioleta, que ioniza o hidróxeno da nebulosa (o hidróxeno perde un electrón e pasa a ser un ión con carga positiva), o que fai que emita a luz avermellada característica das nebulosas de emisión.

NGC7000

Nebulosa de Norteamérica


Nome obx: Nebulosa de Norteamérica
Constelación: Cisne
Data e lugar: 2021/07/15, Viana do Bolo
Telescopio e cámara:CT10, ZWO ASI 2600 MC Pro
Tempo de exposición: 1h20m


NGC7000, tamén chamada nebulosa de Norteamérica, é unha nebulosa de emisión que ten o tamaño aproximado da lúa chea e que se atopa moi preto da estrela Deneb. A zona escura forma o "Golfo de México" e é unha acumulación moi densa de material interestelar que está diante da nebulosa, absorbendo a luz da mesma. Na zona central hai unha densa columna de po e gas tan densa que acaba colapsando para formar estrelas, algo habitual neste tipo de nebulosas.

IC1396

Nebulosa da trompa de elefante


Nome obx: Nebulosa da trompa de elefante
Constelación: Cefeo
Data e lugar: 2021/07/10, Viana do Bolo
Telescopio e cámara:CT10, ZWO ASI 2600 MC Pro
Tempo de exposición: 2h30m


A nebulosa da trompa de elefante ten máis de 20 anos luz e está composta de po e gas interestelar, cunha nebulosa escura que bloquea a luz no seu camiño cara á terra. Nestas zonas nacen estrelas novas que, coa súa radiación, eliminan o po cósmico e crean formas caprichosas. É unha parte pequena dunha nebulosa moito maior situada arredor de 2.400 anos luz.

NGC7635

Nebulosa da burbulla


Nome obx: Nebulosa da burbulla
Constelación: Casiopea
Data e lugar: 2021/07/10, Viana do Bolo
Telescopio e cámara:CT10, ZWO ASI 2600 MC Pro
Tempo de exposición: 2h30m


Trátase dunha nebulosa de emisión cunha burbulla central de 10 anos luz de diámetro, formada por tres capas de gas quente que rodean unha estrela, que é a que co seu vento solar crea a burbulla e ioniza o gas para que emita luz. A velocidade de expansión desta nebulosa é de 100.000 km por hora.

NGC6992

Nebulosa do veo


Nome obx: Nebulosa do veo
Constelación: Cisne
Data e lugar: 2021/06/07, Viana do Bolo
Telescopio e cámara:CT10, ZWO ASI 2600 MC Pro
Tempo de exposición: 1h


As nebulosas chamadas "Veos" son o remanente dunha supernova que estourou fai uns 8.000 años na constelación do Cisne. A imaxe mostra a parte leste da nebulosa, que está situada a uns 1.400 anos luz da Terra. Unha supernova é a explosión resultante do colapso gravitatorio dunha gran estrela.

IC5067

Nebulosa do pelícano


Nome obx: Nebulosa do pelícano
Constelación: Cisne
Data e lugar: 2021/06/06, Viana do Bolo
Telescopio e cámara:CT10, ZWO ASI 2600 MC Pro
Tempo de exposición: 1h


M16

Nebulosa da aguia


Nome obx: Nebulosa da aguia
Constelación: Serpe
Data e lugar: 2021/06/05, Viana do Bolo
Telescopio e cámara:CT10, ZWO ASI 2600 MC Pro
Tempo de exposición: 2h


M16 fai referencia ó cumulo estelar, situado preto do centro da Nebulosa da aguia.

NGC6888

Nebulosa crecente


Nome obx: Nebulosa crecente
Constelación: Cisne
Data e lugar: 2021/06/05, Viana do Bolo
Telescopio e cámara:CT10, ZWO ASI 2600 MC Pro
Tempo de exposición: 1h


NGC2174

Nebulosa da cabeza de mono


Nome obx: Nebulosa da cabeza de mono
Constelación: Orión
Data e lugar: 2021/01/25, Viana do Bolo
Telescopio e cámara:CT10, ZWO ASI 2600 MC Pro
Tempo de exposición: 1h5m


IC434

Nebulosa da cabeza de cabalo


Nome obx: Nebulosa da cabeza de cabalo
Constelación: Orión
Data e lugar: 2021/01/16, Viana do Bolo
Telescopio e cámara:CT10, ZWO ASI 2600 MC Pro
Tempo de exposición: 1h40m


NGC1491

Nebulosa da pisada fósil


Nome obx: Nebulosa da pisada fósil
Constelación: Perseo
Data e lugar: 2020/12/24, Monte Pedroso, Santiago
Telescopio e cámara:CT10 Orion, ZWO ASI 2600 MC Pro
Tempo de exposición: 1h


NGC7023

Nebulosa iris


Nome obx: Nebulosa iris
Constelación: Cefeo
Data e lugar: 2020/10/10, Viana do Bolo
Telescopio e cámara:CT10, ZWO ASI 2600 MC Pro
Tempo de exposición: 2h


O obxecto NGC7023 é en realidade un cúmulo estelar aberto que está dentro da nebulosa. No centro da nebulosa hai unha estrela masiva e xoven de magnitude 7 que é a que a ilumina. A nebulosa iris é unha nebulosa de reflexión, é dicir, unha enorme nube de gas e po que brilla debido á reflexión producida pola luz dunha estrela próxima. Ó ser unha luz de reflexión, adquire a cor da estrela que a ilumina, azul. Esta nebulosa ten uns 6 años luz de diámetro y nos arredores pódense apreciar zonas escuras, sen estrelas, debido a que está en toda unha gran nebulosa escura situada en Cefeo.

IC1795

Nebulosa da cabeza de peixe


Nome obx: Nebulosa da cabeza de peixe
Constelación: Casiopea
Data e lugar: 2020/08/24, Viana do Bolo
Telescopio e cámara:CT10, ZWO ASI 2600 MC Pro
Tempo de exposición: 1h15m


Esta nebulosa forma parte do complexo nebular IC1805/IC1848 en Casiopea. Trátase dunha nebulosa de emisión e como tal é unha zona de formación de novas estrelas, onde piares de gas, po e estrelas novas quentes enchen o centro da nube. A nebulosa está a uns 6.000 anos luz.

NGC1579

Nebulosa trífida do norte


Nome obx: Nebulosa trífida do norte
Constelación: Perseo
Data e lugar: 2020/06/01, Viana do Bolo
Telescopio e cámara:CT10, ZWO ASI 2600 MC Pro
Tempo de exposición: 50m


IC410


Constelación: Auriga
Data e lugar: 2019/12/28, Viana do Bolo
Telescopio e cámara:CT10, Orion StarShot Pro
Tempo de exposición: 1h


A nebulosa de emisión IC410 é unha rosa débil e poeirenta do ceo setentrional que se atopa a uns 12.000 anos luz de distancia na constelación de Auriga. A nube de gas hidróxeno brillante, que ten máis de 100 anos luz de diámetro, foi esculpida polos ventos estelares e a radiación procedente do cúmulo estelar aberto NGC1893. Formadas na nube interestelar hai apenas 4 millóns de anos, as estrelas brillantes do cúmulo vense xusto debaixo do prominente cúmulo escuro, a nube de po preto do centro da imaxe. Destacan dúas serpentinas relativamente densas de material que se afastan das rexións centrais da nebulosa, e que son posiblemente sitios de formación estelar en curso; estas formas de cágados cósmicos teñen uns 10 anos luz de lonxitude.

IC5146

Nebulosa do casulo


Nome obx: Nebulosa do casulo
Constelación: Cisne
Data e lugar: , Viana do Bolo
Telescopio e cámara:CT10, Orion StarShot Pro
Tempo de exposición: 2h40m


O número de catálogo IC describe o cúmulo de estrelas que está no centro da nebulosa. Está a uns 4.000 anos luz da terra, e alberga zonas de emisión, de reflexión e de absorción. O máis característico desta nebulosa é que está situada dentro dunha nuve escura. O centro da nebulosa é unha zona de nacemento de estrelas, con estrelas novas que irradian os gases circundantes facéndoos brillar.