Nebulosas Planetarias

As nebulosas planetarias están a miúdo asociadas cunha estrela central, rodeada dunha envoltura discoidal de nebulosidade. Ó final da súa vida as xigantes vermellas expulsan as capas exteriores, quedando un pequeno núcleo da estrela a unha grande temperatura brillando moi intensamente.

  • M97
    Nebulosa do bufo
  • M27
    Nebulosa Dumbbell
  • M57
    Nebulosa do anel
  • M1
    Nebulosa do cangrexo
  • NGC7009
    Nebulosa saturno

M97

Nebulosa do bufo


Nome obx: Nebulosa do bufo
Constelación: Osa Maior
Data e lugar: 2022/04/04, Viana do Bolo
Telescopio e cámara:CT10, ZWO ASI 2600 MC Pro
Tempo de exposición: 50m


Obxecto moi débil con dúas manchas escuras que formarían os ollos do bufo.

M27

Nebulosa Dumbbell


Nome obx: Nebulosa Dumbbell
Constelación: Raposiña
Data e lugar: 2021/08/08, Viana do Bolo
Telescopio e cámara:CT10, ZWO 2600 Pro
Tempo de exposición: 2h20m


Ten unha idade de 3.000 ou 4.000 anos e está a uns 1.000 anos luz de distancia.

M57

Nebulosa do anel


Nome obx: Nebulosa do anel
Constelación: Lira
Data e lugar: 2021/04/17, Viana do Bolo
Telescopio e cámara:CT10, ZWO ASI 2600 MC Pro
Tempo de exposición: 55m


Esta nebulosa planetaria creouna unha estrela semellante ó Sol que, despois de converterse en xigante vermella, expulsou as capas exteriores debido a que xa non tiña máis conbustible para fusionar.
A nebulosa ten no centro unha anana branca e ten un diámetro de aproximadamente un ano luz. A rexión máis interior aparece escura porque emite raios ultravioletas, mentres que na parte visible do anel a cor dominante é o verde.

M1

Nebulosa do cangrexo


Nome obx: Nebulosa do cangrexo
Constelación: Touro
Data e lugar: 2021/01/05, Viana do Bolo
Telescopio e cámara:CT10, ZWO ASI 2600 MC Pro
Tempo de exposición: 1h


Esta nebulosa é unha nube de gas que se creou como resultado da explosión dunha estrela supernova, que foi rexistrada no ano 1054dC por astrónomos chineses.

NGC7009

Nebulosa saturno


Nome obx: Nebulosa saturno
Constelación: Augadeiro
Data e lugar: 2010/08/14, Viana do Bolo
Telescopio e cámara:SkyWatcher, Orion StarShot Pro
Tempo de exposición: 40


Esta nebulosa está situada a uns 5.000 anos luz e o seu nome deriva da súa forma, semellante á do planeta dos aneis. A nebulosa saturno era orixinariamente unha estrela de baixa masa que se expandeu a xigante vermella ó final da súa vida e liberou a materia das súas capas máis externas; este material foi arrastrado por ventos estelares e excitado pola radiación ultravioleta xerada polo núcleo quente da estrela que quedaba atrás, creando unha nebulosa de po e gas quente de vivas cores. No centro da nebulosa están os restos da estrela, que está en proceso de se converter nunha anana branca.