Galaxias

As galaxias son grandes estruturas do Universo onde se agrupan estrelas, nebulosas, planetas, nubes de gas, po cósmico e outros materiais que se mantieñen xuntos pola atracción gravitatoria. Clasifícanse segundo o seu tamaño e forma. Hainas dende ananas, con 'só' decenas de millóns de estrelas, ata xigantes que conteñen billóns de astros. En canto ás formas, poden ser elípticas, espirais, lenticulares ou irregulares.

  • M81
    Galaxia de Bode
  • M31
    Galaxia de Andrómeda
  • NGC6946
    Galaxia dos foguetes artificiais
  • M106
  • M64
    Galaxia do ollo negro
  • M63
    Galaxia xirasol
  • M101
    Galaxia Pinwhell
  • NGC4631
    Galaxia da balea e Galaxia do Anzol
  • M84
    Cúmulo de Virxe
  • M51
    Galaxia do Remuíño
  • M66
    Triplete de León
  • M82
  • M81 e M82
    Galaxia de Bode e Galaxia do cigarro
  • NGC772
    Galaxia do mastro de violín
  • M33
    Galaxia do Triángulo
  • NGC891
  • M104
    Galaxia do sombreiro

M81

Galaxia de Bode


Nome obx: Galaxia de Bode
Constelación: Osa Maior
Data e lugar: 2023/05/15, Viana do Bolo
Telescopio e cámara:CT10, ZWO ASI 2600 MC Pro
Tempo de exposición: 1h5m


Ten unha estrutura elíptica perfecta, cun bulbo moi potente de cor amarela e uns brazos extensos de cor azulada.

M31

Galaxia de Andrómeda


Nome obx: Galaxia de Andrómeda
Constelación: Andrómeda
Data e lugar: 2021/08/16, Viana do Bolo
Telescopio e cámara:CT10, ZWO ASI 2600 MC Pro
Tempo de exposición: 30m


É a nosa galaxia veciña máis próxima, unha espiral que xunto coas súas compañeiras M32, M110 e M33 que forman o grupo local de Galaxias da Vía Láctea. Ten máis de 300.000 millóns de estrelas e é de tamaño considerablemente menor cá Vía Láctea.

NGC6946

Galaxia dos foguetes artificiais


Nome obx: Galaxia dos foguetes artificiais
Constelación: Cefeo
Data e lugar: 2021/08/16, Viana do Bolo
Telescopio e cámara:CT10, ZWO ASI 2600 MC Pro
Tempo de exposición: 1h45m


Esta fermosa espiral, situada a 10 millóns de anos luz de distancia na constelación de Cefeo, abarca uns 20.000 anos luz, e pode verse a través dun campo de estrelas no primeiro plano que pertencen á Vía Láctea. O centro de NGC6946 alberga tamén un estalido nuclear de estrelas, e pode verse o rechamante po escuro que rodea o disco xunto coas estrelas azuis e brillantes, as nebulosas de emisión vermellas, las nubes de gas en movemento rápido e as supernovas, estrañamente frecuentes.

M106


Constelación: Cans de Caza
Data e lugar: 2021/05/07, Viana do Bolo
Telescopio e cámara:CT10, ZWO ASI 2600 MC Pro
Tempo de exposición: 1h


Galaxia espiral.

M64

Galaxia do ollo negro


Nome obx: Galaxia do ollo negro
Constelación: Cabeleira de Berenice
Data e lugar: 2021/05/01, Viana do Bolo
Telescopio e cámara:CT10, ZWO ASI 2600 MC Pro
Tempo de exposición: 1h45m


Ten unha rechamante zona escura que a fende e que non é máis ca unha nube de po que escurece as estrelas que están detrás.

M63

Galaxia xirasol


Nome obx: Galaxia xirasol
Constelación: Cans de Caza
Data e lugar: 2021/04/11, Viana do Bolo
Telescopio e cámara:CT10, ZWO ASI 2600 MC Pro
Tempo de exposición: 2h05m


Ten unha estrutura espiral irregular. Tanto o núcleo coma a periferia presentan un aspecto granuloso.

M101

Galaxia Pinwhell


Nome obx: Galaxia Pinwhell
Constelación: Osa Maior
Data e lugar: 2021/04/05, Viana do Bolo
Telescopio e cámara:CT10, ZWO ASI 2600 MC Pro
Tempo de exposición: 2h


Galaxia espiral enorme e difusa. É a terceira galaxia do ceo máis extensa, despois de M31 e M33.

NGC4631

Galaxia da balea e Galaxia do Anzol


Nome obx: Galaxia da balea e Galaxia do Anzol
Constelación: Cans de Caza
Data e lugar: 2021/04/05, Viana do Bolo
Telescopio e cámara:CT10, ZWO ASI 2600 MC Pro
Tempo de exposición: 2h20m


M84

Cúmulo de Virxe


Nome obx: Cúmulo de Virxe
Constelación: Virxe
Data e lugar: 2021/04/04, Viana do Bolo
Telescopio e cámara:CT10, ZWO ASI 2600 MC Pro
Tempo de exposición: 2h


Cúmulo de Virxe.

M51

Galaxia do Remuíño


Nome obx: Galaxia do Remuíño
Constelación: Cans de Caza
Data e lugar: 2021/03/18, Viana do Bolo
Telescopio e cámara:CT10, ZWO ASI 2600 MC Pro
Tempo de exposición: 4h50m


M51 é unha galaxia espiral que está acompañada dunha galaxia irregular anana (NGC5195). Na actualidade estas dúas galaxias están colisionando, e a marcada forma espiral de M51 é debida ás forzas de marea desencadeadas por este choque. M51 e a súa compañeira executan unha danza cósmica que nos últimos 500 millóns de anos fixo que NGC5195 atravesara dúas veces o disco de M51. A galaxia pequena está agora por detrás do disco do Remuíño e estase a alonxar de nós. Cando chocan dúas galaxias as estrelas non chocan entre si, senón que sofren alteracións moi fortes nas súas traxectorias, e moitas son expulsadas ó espazo intergaláctico. Na galaxia secundaria pódense ver correntes de estrelas arrincadas formando unha néboa difusa. O contido gasoso das estrelas que colisionan comprímese, o que desencadea rexións de formación estelar, que se detectan na imaxe grazas ó brillo rosado do hidróxeno ionizado.

M66

Triplete de León


Nome obx: Triplete de León
Constelación: León
Data e lugar: 2021/03/12, Viana do Bolo
Telescopio e cámara:CT10, ZWO ASI 2600 MC Pro
Tempo de exposición: 1h5m


Ten un bulbo ben desenvolvido pero pouco definido, e os seus brazos espirais están deformados.

M82


Constelación: Osa Maior
Data e lugar: 2021/01/16, Viana do Bolo
Telescopio e cámara:CT10, ZWO ASI 2600 MC Pro
Tempo de exposición: 2h25m


Galaxia irregular que concentra moita luz e ten bordos definidos.

M81 e M82

Galaxia de Bode e Galaxia do cigarro


Nome obx: Galaxia de Bode e Galaxia do cigarro
Constelación: Osa Maior
Data e lugar: 2021/01/16, Viana do Bolo
Telescopio e cámara:CT10 Orion, ZWO ASI 2600 MC Pro
Tempo de exposición: 2h25m


NGC772

Galaxia do mastro de violín


Nome obx: Galaxia do mastro de violín
Constelación: Carneiro
Data e lugar: 2021/01/05, Viana do Bolo
Telescopio e cámara:CT10 Orion, ZWO ASI 2600 MC Pro
Tempo de exposición: 50m


M33

Galaxia do Triángulo


Nome obx: Galaxia do Triángulo
Constelación: Triángulo
Data e lugar: 2020/08/18, Viana do Bolo
Telescopio e cámara:CT10, ZWO ASI 2600 MC Pro
Tempo de exposición: 4h45m


É un dos membros máis importantes do Grupo Local. Ten un tamaño menor có da galaxia de Andrómeda e aproxímase a nós a unha velocidade de 182km/s.

NGC891


Constelación: Andrómeda
Data e lugar: 2015/09/26, Viana do Bolo
Telescopio e cámara:CT10, Orion StarShot Pro
Tempo de exposición: 1h20m


Galaxia espiral que está de canto. É unha das galaxias máis semellantes á nosa.

M104

Galaxia do sombreiro


Nome obx: Galaxia do sombreiro
Constelación: Virxe
Data e lugar: , Viana do Bolo
Telescopio e cámara:CT10, ZWO ASI 2600 MC Pro
Tempo de exposición: 3h30m


No plano ecuatorial esta galaxia ten unha espesa banda de po opaco. Ten un gran núcleo brillante.