Cambiar alumnado de grupo ou asignatura

Parent Previous Next

Cambiar alumnado de grupo ou asignatura


Cambiar un alumno/a de Asignatura e/ou grupo sen perder os datos que teñamos del/a.


Na pantalla de Asociar Alumnado/Asignaturas temos tamén a posibilidade de cambiar de asignatura e/ou de grupo a alumnado que xa temos asignado/a  sen que se perda ningún dos datos que xa temos dese alumno/a. Para facer isto hai que seleccionar un alumno/a ou vairos no cadro da esquerda e premer o botón Cambiar de grupo.




Na ventá que aparece móstrase no lado dereito o alumnado seleccionado; aquí aínda podemos desmarcar os alumnos/as que non queiramos incluír no cambio. Xusto debaixo móstrase o novo grupo ou asignatura ó que se asignará o alumno/a. No lado esquerdo aparecen todas as materias ás que se pode asignar o alumno/a; cando seleccionamos unha actualízase a información que aparece no lado dereito. Cando unha asignatura se imparte a un único grupo o cadro que indica o novo grupo ó que pasará o alumno/a non pode ser modificado; porén, cando unha asignatura se imparte a varios grupos, podemos seleccionar o grupo no que queremos incluír o alumno/a (que pode ser o mesmo no que xa estaba ou outro diferente). Finalmente, premendo Cambiar modifícanse os datos.



Manuel Rosales Graña


Created with the Personal Edition of HelpNDoc: Produce electronic books easily