Cambiar a foto dun alumno/a

Parent Previous

Cambiar a foto dun alumno/a

1.- Ir a Xestión Fotos



Se por calquera motivo as fotos dos alumnos/as non están ben asignadas podemos facer modificacións premendo Xestión FOTOS.




2.- Xestión das fotos do alumnado


Ó escollermos un curso aparecen as fotos de todo o alumnado asignado a ese curso. Enriba de cada fotografía aparece o nome do alumno/a e debaixo tres botóns que nos permiten varias funcións:

    • Desasignar a foto do alumno/a. Premendo este botón a foto correspondente deixa de estar asignada a ese alumno/a e pasa ó cadro da dereita (Fotos sen Asingar). As fotos sen asignar son fotos que non están vinculadas con ningún alumno/a, aínda que "recordan" o grupo no que estaba a foto antes de quitarse; para ver todas as fotos desasignadas e non só as deste curso, premer Todas.


    • Escoller unha nova foto para o alumno/a. Ó premer este botón ábrese un cadro de diálogo que nos permite asignar ó alumno/a unha nova foto que teñamos como arquivo (.jpg ou .gif). A foto que había previamente desaparecerá. Se non queremos que se borre a foto, debemos desasignala previamente.


    • Escoller un novo alumno/a para esa foto. Premendo este botón aparece unha listaxe do alumnado deste grupo, e podemos asignarlle a foto a outro alumno/a. Por tanto a foto desaparece do alumno/a no que estaba e asígnaselle ó novo alumno/a; se este alumno/a xa tiña unha foto, esta pasa a Fotos sen Asignar.


Outro xeito de asignar o alumnado ás fotos é arrastrar directamente unha foto para o cadro dun alumno/a, co que o cambio se leva a cabo rapidamente. Tamén podemos arrastrar unha foto dende Fotos sen Asignar a  calquera alumno/a; se este xa tiña foto, esta desasígnase.


En Fotos sen asignar, cando prememos o botón a foto elimínase fisicamente do ordenador e xa non se poderá recuperar.




Manuel Rosales Graña


Created with the Personal Edition of HelpNDoc: Easy CHM and documentation editor