E chegou o momento de ver o froito de todo o que fomos aprendendo...
Agora cada un dos grupos que formastes ao principio do proxecto debe cumprir a súa misión:
Reportaxes: A desigualdade no fogar, Un día de excursión, A vila de...
Noticias: Redactastes varias no chanzo 10
Artigos de opinión/ críticas
Tiras cómicas
Entrevistas
Biografías
Informes sobre a historia lingüística e reflexións sobre os estereotipos
Varios textos poéticos.
Para facer a maquetación utilízanse programas específicos, que son moi semellantes a calquera editor de texto (Word, LibreOffice...) pero coa vantaxe de estaren pensados para que resulte máis doada a integración de texto e imaxes.Para maquetardes a vosa revista podedes usar calquera programa (LibreOffice, Word, Powerpoint, PageMaker, Publisher...). Porén, ofrecémosvos un programa de código aberto que se pode descargar libremente dende internet para calquera sistema operativo (Linux, Windows, Mac...); trátase do programa SCRIBUS, deseñado para a maquetación de documentos como xornais ou revistas e que non presenta unha gran complexidade de manexo. Se escolledes usar este programa para a elaboración da revista, aquí tendes un pequeno manual coa explicación das funcións básicas:
Ademais proporán aos redactores melloras para asegurarse que os distintos textos cumpran co “Manual de estilo” da empresa (que aínda que non existe fisicamente si debe estar sempre presente, no sentido de evitar todo tipo de prexuízos ou o uso sexista da lingua ).
Unha vez que a tarefa está rematada, convén que repasemos os coñecementos adquiridos durante este tempo de traballo. A continuación indicámosche os indicadores que servirán para saber se adquiriches os coñecementos precisos e en que medida o fixeches; indícase tamén cales son as competencias clave coas que se relacionan.
| Coñece os momentos máis importantes da historia da formación da lingua galega. | Competencias Clave |
| É consciente de que o galego é a lingua propia de Galicia e as consecuencias que diso se derivan. | Competencias Clave |
| Entende que a situación actual da lingua galega é o resultado das vicisitudes históricas que padeceu. | Competencias Clave |
| É consciente de que os prexuízos cara a distintos colectivos sociais derivan na súa discriminación e comprende que os prexuízos lingüísticos forman parte do mesmo comportamento. | Competencias Clave |
| Amosa unha actitude de rexeitamento cara a calquera tipo de prexuízo e de trato discriminatorio. | Competencias Clave |
| Recoñece como prexuízos moitas das ideas que circulan na sociedade galega sobre o galego. | Competencias Clave |
| Amosa cara á lingua galega unha actitude libre de prexuízos. | Competencias Clave |
| Coñece o léxico propio dos medios de comunicación. | Competencias Clave |
| Coñece o léxico propio dos deportes. | Competencias Clave |
| Coñece as formas do pronome persoal e emprégaas de xeito adecuado no seu discurso oral e escrito (diferencia nós /nos, te/che, lle/lles...) | Competencias Clave |
| Coloca correctamente o pronome átono, tanto nos seus escritos coma nas súas intervencións orais. | Competencias Clave |
| Recoñece e distingue os diferentes tipos de textos informativos | Competencias Clave |
| É consciente de que as características dos medios informativos condicionan o tipo de mensaxe emitida e a recepción que se fai da mesma. | Competencias Clave |
| Diferencia os textos xornalísticos informativos dos valorativos e recoñece cada un deles atendendo á súa autoría, intención, estrutura e utilización da linguaxe. | Competencias Clave |
| Redacta correctamente noticias e distintos tipos de textos valorativos. | Competencias Clave |
| Recoñece os distintos tipos de textos interpretativos e coñece as características propias de cada un. | Competencias Clave |
| Crea diferentes tipos de textos interpretativos adaptándose ás características propias de cada un. | Competencias Clave |
| Coñece as características lingüísticas propias da linguaxe xornalística e utiliza as súas especificidades nos textos que elabora. | Competencias Clave |
| Comprende a estrutura das palabras variables e o significado que achega cada un dos compoñentes. | Competencias Clave |
| Recoñece os distintos elementos das palabras variables. | Competencias Clave |
| Distingue os distintos tipos de sufixos. | Competencias Clave |
| Comprende en que consiste unha familia léxica, tamén das irregulares. | Competencias Clave |
| Coñece o significado dos principais sufixos derivativos e utiliza este coñecemento para interpretar o significado global de palabras novas. | Competencias Clave |
| Identifica o sentido dos topónimos galegos e a información que achegan sobre o lugar que nomean. | Competencias Clave |
| Amosa unha actitude respectuosa cara á toponimia galega. | Competencias Clave |
| Manexa os xentilicios máis habituais tanto de Galicia como do exterior. | Competencias Clave |
| Interpreta correctamente distintas fontes de información visual: mapas, gráficas, símbolos. | Competencias Clave |
| Utiliza a terminoloxía precisa para expresar en código verbal a información que proporcionan os mapas e as gráficas. | Competencias Clave |
| Identifica as diferentes relacións semánticas que existen entre o léxico da nosa lingua (sinonimia, polisemia...). | Competencias Clave |
| Mostra interese por empregar o vocabulario da lingua con precisión: utilizando sinónimos, substituíndo termos por hipónimos, heterónimos... | Competencias Clave |
| Valora positivamente a lectura de poesía como medio para transmitir e compartir sentimentos. | Competencias Clave |
| Sabe interpretar os aspectos formais dos textos poéticos: ritmo e rima (cómputo silábico e estrofas máis frecuentes) e pono en relación co sentido do texto. | Competencias Clave |
| Recoñece e interpreta algunhas das figuras retóricas máis habituais nos textos líricos e comprende a súa finalidade no conxunto do texto. | Competencias Clave |
| Aplica as regras ortográficas sobre o uso do h e dos grupos cultos nos seus escritos evitando cometer faltas de ortografía. | Competencias Clave |
| Manexa os medios informáticos que lle permiten seguir con aproveitamento este recurso didáctico. | Competencias Clave |
| Busca información a través de internet para ampliar os seus coñecementos e realizar as actividades propostas. | Competencias Clave |