Curso de 1º e 2º de ESO de Lingua galega e literatura orientado cara á comunicación


Instalación

Este curso non precisa de instalación. Para executalo tan só hai que abrir o arquivo index.html (que está no cartafol raíz) en calquera navegador, aínda que se recomenda o uso de Mozilla Firefox ou Chrome. Os requisitos son dous: ter activado o uso de scripts e ter instalado no navegador Flash Player.
Tamén se pode usar a través de internet ou nunha rede local, para o cal tan só hai que copiar os arquivos nun servidor.

 

Navegación

Todas as seccións están accesibles dende o menú superior. Dende el podemos acceder ás unidades didácticas (marcadas cun círculo  vermello na imaxe) ou aos contidos (marcados cun círculo verde). A barra gris que está baixo o menú contén dúas ligazóns permanentemente accesibles: unha ao dicionario da RAG (precísase conexión a internet) e outra, no lado esquerdo, que pon “Reset” e que permite borrar os datos de todas as autoavaliacións realizadas, poñéndoas a cero (ollo con el!).

1.- Navegación polas unidades didácticas.

  • Cada unidade didáctica componse de 20 temas ou chanzos. A información sobre a unidade didáctica e o chanzo actuais está na parte superior. Para ir dun chanzo a outro temos dúas opcións:

    • Usar o menú laranxa, que sempre está dispoñible mentres esteamos na unidade didáctica: levando o punteiro sobre “Tarefa” despréganse os 20 chanzos e podemos acceder ao que queiramos.

     

    • Usar a frecha vermella do cadro que está no lado dereito, que nos leva ao chanzo seguinte ou ao anterior.

 

  • Na navegación por cada chanzo aparecen unhas iconas que permiten o acceso rápido entre as seccións:
    •  Leva á páxina inicial da unidade didáctica.
    •  Leva á páxina inicial do chanzo.
    •  Leva ao tema (no caso de estar facendo un exercicio).
    •  Leva aos exercicios dun determinado tema.
    •  Mostra as actividades do tema.
    •  Na páxina de exercicios dá axuda sobre a mecánica de cada exercicio.
  • Para acceder a calquera dos contidos dentro do chanzo pódese utilizar o menú laranxa, onde o material se distribúe en tres apartados: In(fo)formación, Competencias e Lecturas.

 

2.- Navegación polos contidos.

Se non queremos desenvolver unha unidade didáctica seguindo os chanzos, senón acceder a unha sección puntual, podemos utilizar o menú superior, que recolle todo o material distribuído tematicamente: Comunicación, Tipos de textos, Lecturas, Competencias, Exercicios, por unha banda, e Ortografía, Morfoloxía, Sintaxe, Fonética, Sociolingüística, Literatura e Vocabulario, por outra.