Curso de 1º e 2º de ESO de Lingua galega e literatura orientado cara á comunicación
Este curso non precisa de instalación. Para executalo tan só hai que abrir o arquivo index.html (que está no cartafol raíz) en calquera navegador, aínda que se recomenda o uso de Mozilla Firefox ou Chrome. Os requisitos son dous: ter activado o uso de scripts e ter instalado no navegador Flash Player.
Tamén se pode usar a través de internet ou nunha rede local, para o cal tan só hai que copiar os arquivos nun servidor.
Todas as seccións están accesibles dende o menú superior. Dende el podemos acceder ás unidades didácticas (marcadas cun círculo vermello na imaxe) ou aos contidos (marcados cun círculo verde). A barra gris que está baixo o menú contén dúas ligazóns permanentemente accesibles: unha ao dicionario da RAG (precísase conexión a internet) e outra, no lado esquerdo, que pon “Reset” e que permite borrar os datos de todas as autoavaliacións realizadas, poñéndoas a cero (ollo con el!).
Se non queremos desenvolver unha unidade didáctica seguindo os chanzos, senón acceder a unha sección puntual, podemos utilizar o menú superior, que recolle todo o material distribuído tematicamente: Comunicación, Tipos de textos, Lecturas, Competencias, Exercicios, por unha banda, e Ortografía, Morfoloxía, Sintaxe, Fonética, Sociolingüística, Literatura e Vocabulario, por outra.