O galego no mundo

Ao mellor algún de vós coñecedes  unha expresión moi famosa que di que “hai un galego na lúa”. Pois ben,  de momento, isto non se pode entender no sentido literal; a frase refírese a que hai galegos e galegas en todas as partes do mundo coñecido pois, como sabemos, a emigración fixo que dende hai moitísimo tempo o pobo galego tivese que saír da terra en busca de mellores condicións de vida.
Daquela, se hai galegos en todas partes, en todas partes está o galego, ou non? É certo que os galegos cando emigraron levaron canda si a súa lingua e en moitos casos esforzáronse por llela transmitir aos seus fillos e fillas alá onde estiveron, por iso podemos atopar comunidades falantes de galego na meirande parte dos países americanos, ou en Suíza, Alemaña, Francia, Cataluña...

Mais, deixando a un lado estas comunidades de falantes causadas pola emigración, tamén dentro das Península Ibérica podemos atopar lugares onde se fala o galego máis alá das fronteiras de Galicia, son os seguintes:

  • No Bierzo (en León) e Nas Portelas (en Zamora), onde se pode estudar nas escolas.
  • A zona asturiana comprendida entre os ríos Eo e Navia.
  • Tres concellos na provincia de Cáceres limítrofes con Portugal (Val de Xálima).

Con todo, é certo que o número maior de falantes do galego está en Galicia.

Ás veces podemos ter a impresión de que somos un territorio pequeno e que, polo tanto, a nosa lingua é pouco importante, mais non é así, fíxate nestes datos, se cadra fanche reflexionar...

 

No seguinte mapa podes ver os lugares no mundo onde hai Centros de Estudos Galegos (pasa o cursor sobre os nomes dos países para saberes onde están):

 

Ademais , temos que ter en conta que o galego é unha lingua moi próxima ao portugués e que grazas a iso podemos comunicarnos con cidadáns que se expresan habitualmente en lingua portuguesa en lugares tan afastados de Galicia como Brasil, Angola, Cabo Verde, Guinea-Bissau, Santo Tomé, Mozambique, Macau (China), Timor-Leste (Australia)...