Ortografía: uso do h e dos grupos consonánticos

Introdución

A letra h ten unha peculiaridade: é a única letra do alfabeto que se escribe pero que non se corresponde con ningún son nin con ningún fonema. É dicir, escríbese pero non se pronuncia. A pregunta xorde por si soa: e non sería mellor escribir todo sen hache? Pode que si ou pode que non, pero o galego, neste e noutros casos, matense dentro da tradición das demais linguas románicas, que seguen a utilizar esta letra. O h en ocasións provén de palabras que en latín se escribían con el (homine > home, hedera > hedra) e noutras ocasións incorporouse con palabras doutras linguas que o galego foi asimilando: do grego (ᾁρμονια > harmonía), de linguas xermánicas (Heinrich > Henrique)...

No que respecta aos grupos cultos (combinación de consoantes, como -cc-,-ct-, pl-...), estes eran moi frecuentes en latín, pero cando se creou o galego fíxoos desaparecer case todos. Entón por que hoxe en día aínda nos seguen complicando a ortografía? Débese a que estes grupos volveron aparecer cando en épocas posteriores (e mesmo na actualidade) se colleron palabras do latín para designar novos conceptos; son os chamados cultismos e semicultismos. Como norma o galego mantén estes grupos de consoantes nas palabras que entraron como cultismos, aínda que nalgúns casos optou por eliminalos.


Regras para a utilización do h

Escríbense con h:

Todas as formas dos verbos haber, habitar, habituar, herdar, homenaxear, honrar, hospedar e humillar:
As palabras que comezan polos prefixos gregos: hexa–,hepta–, hendeca– hecta–, helio–, hemi–, hemo–, hema-, hetero–, homo–, hipo–, hiper–, hidro–, hipno–, hepat–, histo.

As palabras que comezan por hum–
As palabras que comezan por horr– ou hosp–
A palabra alcohol / alcol e os seus derivados
Moitas interxeccións.
Por criterios etimolóxicos: harén, harmonía, harpía, hedra, Helena, hélice, helmo, Henrique, herba, histeria, home, hora, horta, hoxe - adherir, exhortar, inhibir, prohibir, cohibir, rehabilitar, coherente, adhesivo, exhausto/a, vehículo, filharmónica, inherente.
Non levan h en galego: achar, ata, baía, encher, ermida, ermo, inflar, inchar, irmán/á, ombro, ombreiro, oco, orfo, óso, ovo, truán, úmero e os seus derivados.

 

 

Os grupos consonánticos

 

Os grupos -cc-, -ct-

Mantéñense diante das vogais a, e, o.
Pérdese un c diante de i, u.
   
   
   
   
   


Os grupos bl, cl, fl, gl, pl --- br, cr, fr, gr,pr

En xeral mantéñense.
Semicultismos: br, cr, fr, gr, pr.
   
   

Os grupos -pc-, -pt-

Perden o p.