Seguramente dubidaches moitas veces diante dunha palabra sen saberes se escribila con b ou con v; talvez foses máis alá e te preguntases se realmente non sería máis doado escribir usando só unha soa destas letras, escribindo todo con b, por exemplo. Porque o certo é que, aínda que escribamos dúas letras (b e v), en realidade só pronunciamos unha: en “boi” e “vou” o son inicial é o mesmo, non hai diferencia ningunha.
A razón pola que diferenciamos estas dúas letras está nas orixes da nosa lingua, no latín; neste idioma o b e o v representaban dous sons diferentes, pero cando se formou o galego pasaron a pronunciarse igual, aínda que o costume fixo que se seguisen escribindo as dúas letras que había antes. Isto mesmo pasou noutras linguas que tamén veñen do latín, pero nalgunhas, coma o francés ou o portugués, o b e o v seguiron pronunciándose como consoantes diferentes, o que facilita saber cando se ten que escribir unha ou outra.
A pesar de todo, a utilización de b e de v segue certas regras, que nos axudan a saber cando escribir unha ou outra
Escríbense con b:
![]() |
Todas as terminacións do Copretérito dos verbos rematados en –ar, sen excepcións | |
![]() |
As palabras que rematan en –bundo/a, –bilidade | |
![]() |
Vbos rematados en –bir e –buír | |
![]() |
Palabras que rematan en –ílabo/a | |
![]() |
Despois da letra m | |
![]() |
Todas as palabras nas que b vaia seguido doutra consoante | |
![]() |
En todas as formas dos verbos beber, caber, deber, haber, lamber, saber e sorber | |
![]() |
Palabras que comezan por bu– | |
![]() |
Palabras que comezan por bi–, bis– (dous/dúas veces), bio– (vida), biblio– (libro), sub– (baixo) |
Escríbense con v:
![]() |
Todos os verbos que rematan en –servar | |
![]() |
Os verbos rematados en –olver | |
![]() |
Pal que rematan en –voro/a | |
![]() |
Palabras que rematan en –avo/a, –evo/a, –ave, –eve | |
![]() |
En todas as formas dos verbos estar, ir, ter, servir, ver, vir e vivir | |
![]() |
Detrás de n, d e b escríbese sempre v | |
![]() |
Palabras que comezan por –di | |
![]() |
Palabras co prefixo vice– (cargo de rango inferior) |