O substantivo

Os substantivos son palabras que se refiren a seres animados ou inanimados; con eles noméanse persoas, animais, cousas, plantas, ideas... Morfoloxicamente caracterízanse porque presentan variacións dependendo do xénero e do número e sintacticamente recoñécense porque adoitan ir acompañados dalgún artigo ou adxectivo, sexa este determinativo ou cualificativo

O significado dos substantivos

 

Os substantivos poden facer referencia a individuos (persoas, animais ou cousas) que comparten características con outros da mesma clase ou especie (substantivos comúns) ou poden usarse para referirse de maneira particular a cada un dos individuos diferenciándoo dos demais da mesma clase (substantivos propios). Son substantivos comúns: cabalo, xente, herba... Son substantivos propios: Xoán, Umia, Rexurdimento... Os substantivos propios escríbense sempre con letra maiúscula.

Por outra banda, temos uns substantivos que se refiren a entidades que se poden percibir cos sentidos, son os chamados concretos (caixa, peixe, vento...), e outros que se refiren a realidades que non son perceptibles de xeito directo,  son os chamados abstractos (amor, xentileza, ilusión...).

Dende outra perspectiva, os substantivos poden ser contables, cando indican entes que se poden contar (nenos, árbores, galiñas...) ou incontables, se sinalan realidades que non se poden contar (leite, humor, aire, lixo...)

Finalmente consideramos substantivos individuais aqueles que na súa forma singular nomean un só ser, admitindo tamén unha forma plural para designar a máis de un (pluma, nécora, rosa, avó...), e substantivos colectivos os que en singular designan un conxunto de seres ou cousas (xentío, bandada, bosque, niñada...)

 

 

O-
  • Signficado: 'Sexo masculino'.
  • Morfema flexivo de xénero: Elemento intercambiable por -a ('Sexo feminino').
NEN-
  • Signficado: 'Persoa de pouca idade'.
  • Lexema: Elemento fixo.
-S
  • Signficado: 'Número plural'.
  • Morfema flexivo de número: Elemento intercambiable por
    -Ø ('Número singular.

A forma dos substantivos

Segundo explicamos máis arriba, os substantivos caracterízanse porque poden variar a súa forma. Isto é debido ao feito de que a un lexema (parte da palabra onde se encontra o significado que se pode atopar no dicionario) se engaden morfemas (que se poden substituír uns por outros) para cambiar o seu xénero ou o seu número.  Así en nenos temos un lexema e dous morfemas flexivos, tal e como se pode ver no esquema da dereita.

En realidade, non todos os substantivos poden variar os seus morfemas de xénero e número, hai algúns que só poden modificar un deles (o leite) e incluso algúns que son totalmente invariables (os lentes).

 

 

O xénero dos substantivos

Todos os substantivos galegos teñen xénero (masculino ou feminino), aínda que non sempre a diferenza de xénero leva implícita unha diferenza de sexo. A gran maioría dos substantivos que hai na lingua só admiten un xénero, é dicir, son invariables en xénero. Tendo isto en conta podemos facer a seguinte clasificación:

1: Substantivos que se refiren a seres inanimados:



2: Substantivos que se refiren a seres animados:

Nos substantivos que fan referencia a seres animados, é dicir, aqueles que na realidade designan seres nos que hai distinción de sexo,  existe unha dobre posibilidade, pois hai substantivos cunha única forma e outros que varían:

 

O número dos substantivos. 

Os substantivos, ademais de teren xénero tamén presentan flexión de número: o singular úsase para referirse a un só ser e o plural para referirse a máis de un.