Vocabulario do deporte

 


 

Adxectivos e verbos relacionados co deporte:


Adxectivos
afeccionado/-a
cabeiro/a, último/-a, pechacancelas
canso/a, fatigado/a
destro/a
entretido/a
gañador/a
invicto/a
torpe, zoupón/ona
vitorioso/a
zurdo/a, xergo/a, cochaino/a, manicho/a
Verbos
adiantar
agarrar
amoestar
avituallar
cambiar, trocar, substituír
canear, fintar
centrar
choutar, saltar
contraatacar, contragolpear
despexar
 
encestar
escalar
esquiar
mergullar(se)
palmear
rebotar
remar, vogar
vencer, gañar
volear
xutar

Fraseoloxía



Darlle sebo ás canelas: Correr moito.

A fume de biqueira / A fume de carozo / Ás carreiras: Rapidamente.

Coller folgos / Coller azos: Respirar fondo.

Estar coa alma no papo: Estar moi canso/a.

Suar a picho / Suar a fío: Suar moito.

A valmontes: Atravesando o campo de xogo.

Tomar a remuda: Coller a testemuña nunha carreira de relevos.

Durmirse nas pallas: Non aproveitar a ocasión.

Quedar ás portas: Estar a punto de conseguilo.

Terse as crinas: Vencer a un rival superior.

Pedir papas: Renderse.