Trasantonte
Antonte
Onte Hoxe
Mañá
Pasadomañá
| Adverbios | Locucións adverbiais | ||
| Antes | |||
| Agora | |||
| Arestora | |||
| Despois / Logo | |||
| Arreo | |||
| Cedo | |||
| Tarde | |||
| Xa | |||
| Aínda | |||
| Daquela / Entón | |||
| Sempre | |||
| Acotío / Decote / Decotío | |||
| Nunca / Xamais / Endexamais | |||
| Decontado / Deseguido / Enseguida | |||
| Axiña / Logo / Pronto | |||
| Mentres / Namentres / Entrementres | |||
| Asemade | Ao mesmo tempo | ||
| A tempo | |||
| Con frecuencia | |||
| A miúdo | |||
| Ás veces / Por veces / De cando en cando / De cando en vez / De vez en cando | |||
| A deshora / A destempo | |||
Nunca chove a xeito de todos: O que é bo para algúns non é tan bo para outras persoas.
Á fresquiña: Ao atardecer.
Cando as ras críen pelo/ Cando os paxaros preñen: Nunca
Deitarse canda as galiñas: Deitarse cedo.
En sazón: No momento adecuado.
Estar de días: Ser o aniversario.
Marchar Lourenzo: Poñerse o sol.
Non é sen tempo!: Tardar moito en facer algo.
Ser do tempo de alguén / Ser dun tempo: Ter a mesma idade.
A casa de teu irmán, non vaias cada serán/ Á casa da túa tía non vaias cada día: Non abuses.
Nos meses sen erre, nin peixe nin leite: Nos meses de primavera e verán (non levan erre no nome) non están en sazón eses alimentos.
A fume de biqueira / A fume de carozo: Rapidamente.
Estar de bo ano: Estar gordecho/a.
Faltarlle unha primavera a alguén: Non ser moi espelido/a.
A boas horas!: Xa é tarde.
Bótalle un can!: Xa pasou moito tempo!