O tempo cronolóxico


Partes do día


Períodos de tempo




Adverbios e locucións adverbiais de tempo:


Trasantonte Antonte Onte Hoxe Mañá Pasadomañá


  Adverbios   Locucións adverbiais
 
  Antes
  Agora
  Arestora
  Despois / Logo
  Arreo
  Cedo
  Tarde
  Xa
  Aínda
  Daquela / Entón
  Sempre
  Acotío / Decote / Decotío
  Nunca / Xamais / Endexamais
  Decontado / Deseguido / Enseguida
  Axiña / Logo / Pronto
  Mentres / Namentres / Entrementres
  Asemade Ao mesmo tempo
  A tempo
  Con frecuencia
  A miúdo
  Ás veces / Por veces / De cando en cando / De cando en vez / De vez en cando
  A deshora / A destempo
       


Verbos relacionados co tempo cronolóxico:


Alborexar / Amañecer / Lumbrigar / Clarear
Madrugar
Atardecer
Anoitecer
Trasnoitar







Adiantar / Anticipar
Adiar / Aprazar / Pospoñer / Postergar
Comezar / Iniciar / Empezar
Rematar / Acabar / Concluír
Continuar / Seguir
Adoitar / Acostumar
Apurar / Apresurar / Bulir
Demorar
Tardar
Retardar
Pasar / Transcorrer

Fraseoloxía



Nunca chove a xeito de todos: O que é bo para algúns non é tan bo para outras persoas.

Á fresquiña: Ao atardecer.

Cando as ras críen pelo/ Cando os paxaros preñen: Nunca

Deitarse canda as galiñas: Deitarse cedo.

En sazón: No momento adecuado.

Estar de días: Ser o aniversario.

Marchar Lourenzo: Poñerse o sol.

Non é sen tempo!: Tardar moito en facer algo.

Ser do tempo de alguén / Ser dun tempo: Ter a mesma idade.

A casa de teu irmán, non vaias cada serán/ Á casa da túa tía non vaias cada día: Non abuses.

Nos meses sen erre, nin peixe nin leite: Nos meses de primavera e verán (non levan erre no nome) non están en sazón eses alimentos.

A fume de biqueira / A fume de carozo: Rapidamente.

Estar de bo ano: Estar gordecho/a.

Faltarlle unha primavera a alguén: Non ser moi espelido/a.

A boas horas!: Xa é tarde.

Bótalle un can!: Xa pasou moito tempo!