O tempo climatolóxico

Fenómenos relacionados co aire e a temperatura

Fenómenos relacionados coa auga


 

Verbos relacionados co tempo climatolóxico:


aclarar - clarear - despexar
alagar - asolagar - inundar - anegar
alustrar - lostregar - relampar
anubrar - nubrar - toldar - cubrir
arrefriar
barruzar - poallar - orballar - chuviñar
bruar
chover
escampar - estiñar - estear
pingar
quecer
sarabiar
soprar
tronar
ventar
xear
xistrar
zoar

Fraseoloxía



Nunca chove a xeito de todos: O que é bo para algúns non é tan bo para outras persoas.

Nunca choveu que non escampara: As cousas malas nunca duran para sempre.

Abrir o tempo: Clarexar, deixar de chover.

Cerrar a chover: Quedar o día enteiro de chuvia.

Chover a caldeiros / a mares / a cachón / a fío/ a regos: Chover moito.

Dar dente con dente: Ter moito frío.

Ano de nevadas, ano de fornadas: Nos anos nos que neva hai boas colleitas..

Arco da vella ao anoitecer, bo tempo ao amencer: Se sae o arco da vella á noitiña, adoita mellorar o tempo.

Arco da vella ao poñente, amarra a lancha e vente: A saída do arco da vella polo oeste anuncia moi mal tempo.

Aurora roiba, ou vento ou choiva / Sol que moito madruga, pouco dura: O ceo encarnado pola mañá implica mal tempo.

Roibéns de sol posto, é sina de tempo enxoito: O ceo encarnado pola noite anuncia bo tempo.

Segundo o vento, rólase a vela: Hai que adaptarse ás circunstancias.