As relacións de parentesco familiar

 


 

Verbos relacionados co parentesco:


acoller
afillar - apadriñar - amadriñar
aleitar
apelidarse
asemellar(se) - parecer(se) - imitar(se)
casar - desposar(se)
convivir
cortexar - galantear
criar
divorciar(se)
emparentar
enviuvar
herdar
mamar
medrar
mocear
parir
porfillar - adoptar

Fraseoloxía



Non meter as mans entre curmáns e irmáns: Os de fóra non se deben meter nos asuntos familiares.

Alá vaias, casada, onde non atopes sogra nin cuñada: As sogras e cuñadas sempre se han levar mal coa muller casada.

A nai do año // O pai do merlo: A clave do asunto.

Cóntallo a túa avoa: Esa historia non a creo.

Ser cuspidiño a seu pai/nai: Imitar moito a...

Ti de quen vés sendo?: Quen é a túa familia?

Para quen non quere ten meu pai moito: Peor para ti.

Saír o pau á racha: Imitar o pai.

Vaslle ensinar ti a facer fillos a teu pai!: Non presumas diante de quen sabe máis.

Dígocho filla; enténdemo nora: É unha indirecta

Acórdate sogra de que fuches nora: Non abuses

Á madrasta o nome lle abasta: As madrastas non son boas

Amor de nai, outro mellor non o hai: As nais dan todo polos seus fillos