Na actualidade as novas tecnoloxías están tan introducidas nas nosas vidas que a linguaxe, como mecanismo vivo que é, está empezando a aplicar termos propios dese campo a situacións da vida real nas que hai certa semellanza (Ter cheo o disco duro saturado, actualizarse, non estar conectado...) é dicir, estanse creando metáforas nas que os termos imaxinarios proceden do campo das TICS.
Propoñémosche que participes neste reto: pensa situacións da vida real e procura expresalas con este tipo de “neoloxismos”. Podes facelo en parella. Anotade no caderno as que se vos ocorran, logo facede unha posta en común na aula e escollede as máis apropiadas e a partir de aí... a crear tendencia!!!!