Matriarcas - Guadi Galego

Fotograma do vídeo Matriarcas

Comezan as historias
con homes encumados,
rematan sempre todas
con mulleres que os salvaron
da morte do intelecto,
de insectos que os picaron,
de turbias lendas vellas
que non queren nin lembrar.

E nós pouquiño a pouco
ímonos situando,
construíndo barricadas
no país dos alalás.
Nós en corpo e alma.
Nós mercando calma.
Nós cousa por cousa,
sen podernos despistar.

Nós aleitadoras, nós conquistadoras,
brillantes activistas da vida cotiá.
E nós que resistimos a séculos de forza.
E nós as matriarcas do país dun tal Breogán.

Comezan as historias

Portada do disco Lúas de outubro e agosto
con homes encumados,
rematan sempre todas
con mulleres que os salvaron
da morte do intelecto,
de insectos que os picaron,
de turbias lendas vellas
que non queren nin lembrar.

De turbias lendas vellas