Que está a a pasar cando chega a policía?
a) Estanlle roubando a un transeúnte.
b) Están celebrando un botellón.
c) Están golpeando a inmigrantes.
d) Están facendo limpeza da rúa.
Por que o protagonista marcha correndo?
a) Porque os inmigrantes o perseguen.
b) Porque hestá facendo deporte.
c) Porque ten présa por chegar ao hospital.
d) Porque a policía o quere deter.
Cando o personaxe principal vai fuxindo vese un plano de detalle para que nos fixemos en algo importante. Que plano é ese?
a) O do pé tropezando.
b) O da cara contra o chan.
c) O do cristal rompéndose.
d) O da cabeza mirando cara a atrás.
A quen lle bota a culpa o protagonista do que lle pasou?
a) Aos policías que o perseguían.
b) A si mesmo, por estar cometendo un delito.
c) Aos inmigrantes aos que estaba golpeando.
d) Non lle bota a culpa a ninguén.
Hai unha elipse narrativa, un período de tempo do que non se nos informa; cal?
a) Dende que chega ao hospital ata que esperta.
b) Dende que cae ata que esperta no hospital.
c) Dende a noite anterior ata o mediodía do día seguinte.
d) Non hai ningunha elipse narrativa.
Por que cres que o autor presenta o personaxe cos ollos vendados e non, por exemplo, cunha perna rota?
a) Para alertar dos perigos de ir correndo de noite polas rúas.
b) Para deixar claro que a vista é un dos sentidos máis importantes para as persoas.
c) Non é algo planificado, en realidade daría igual calquera tipo de eiva.
d) Porque é importante para a trama que non poida ver a doutora.
De quen é a voz que se escoita nas catro últimas viñetas, que gaba a doutora?
a) Do enfermo.
b) Da doutora.
c) Do narrador.
d) Dunha enfermeira que pasa por alí.
O protagonista agradécelle á doutora terlle salvado a vista, pero nós vemos un detalle que el, por ter vendados os ollos, non pode ver...
a) A doutora non lle fai caso porque está vendo o seu ordenador.
b) A doutora é da mesma cor de pel cás persoas que el atacou.
c) A doutora fíxolle crer que o curara pero non é certo.
d) A doutora sae da habitación coa intención de non volver atender a ese racista.
Cal pensas que é o motivo polo que o autor debuxou esta obra?
a) Agradecerlles aos doutores e doutoras a súa dedicación aos enfermos.
b) Dicirnos cales son as consecuencias de escapar da policía.
c) Mostrar que a valía das persoas non se mide pola cor de pel.
d) Non ten unha intención determinada, só conta unha historia.