E agora, falamos?
Coñecedes todo o vocabulario que se emprega no texto? Pois explicade o que queren dicir os seguintes termos?: fogaxe, quendas, cuncas, esputar, apócemas.
Para escribir un relato cómpre ter unha boa bagaxe léxica e para entendelo tamén, aínda que moitas veces podemos deducir o significado das palabras polo contexto porque, loxicamente, unha parte importante do vocabulario empregado ten relación co tema que se trata no texto.
E falando de temas, facede unha posta en común sobre a temática e a tipoloxía das vosas obras literarias favoritas.