O fillo do mar - A banda da Balbina

Escoita a seguinte canción, que nos conta unha curiosa historia:




O fillo do mar

Morreume a vella da casa

e deixoume un ghran caudal,

vendín montes, vendín leiras

acabouse o comer mal.

Puxen tetas, merquei trapos

lighín cun da capital,

conduso un descapotable

e paghei todo na man.

Pasaron un par de anos

de vivir a todo tren,

un día chegha un fulano

co avoghado e cun papel.

Era o fillo de María

que quería o seu pastel.

Aghora non teño cartos

non sei que lle vou faser.

Mecagho no demo da vella

aghora como vou paghar,

quen sabía que de solteira

tivera un fillo do mar!

Quitoume a casa, quitoume o coche

Quitoume as tetas e algo máis.

Aghora non teño nada

só me queda traballar.

Mecagho no demo da vella

aghora como vou paghar,

quen sabía que de solteira

tivera un fillo do mar!

Morreume a vella da casa

e deixoume un ghran caudal,

vendín montes, vendín leiras

acabouse o comer mal.

Pasaron un par de anos

de vivir a todo tren,

un día chegha un fulano

co avoghado e cun papel.

Era o fillo de María

que quería o seu pastel.

Aghora non teño cartos

non sei que lle vou faser.

 

Actuación en directo da Banda da Balbina


Portada do disco Estomballada