O mundo é noso

Escoita atentamente  a seguinte canción do grupo Nao pertencente ao disco Coas túas mans:




O mundo é noso

Distancia, esa é a verba da nosa tristeza exacta.

Esa é a marca que nos marca nas lembranzas,

a dura cruz que nós cargamos nas espaldas,

cando faltas e nos faltas nesta ausencia e na distancia

que se derrete nunha aperta, nunha carta,

que se disolve como un beixo na distancia,

o pulo intenso que afinca no meu peito, cando faltas e nos faltas,

cando sinto a túa distancia.

Preciso verte,  sinto a necesidade inmensa de oírte.

Preciso saber que vés, preciso saber que estás

e odio ter que abrazar a túa ausencia.

Hoxe torna. O mundo muda doutra cor.

Anos e lembranzas. Non hai nada que explique

bágoas e distancia, barcos de promesas,

soños e retornos. O mundo agora é noso.

Eu sinto a cada nai a quen lle falta o seu fillo.

Cada silencio,  cada bágoa é un suspiro

por cada irmán que se enfrontou ao seu destino

co corazón na maleta e a cabeza nos seus fillos.

Distancia, só desexo a túa ausencia,

desaparece cos causantes desta peste.

Preciso verte,  sinto a necesidade inmensa de oírte.

Preciso saber que vés, preciso saber que estás

e odio ter que abrazar a túa ausencia.

Hoxe torna. O mundo muda doutra cor.

Anos e lembranzas. Non hai nada que explique

bágoas e distancia,  barcos de promesas,

soños e retornos. O mundo agora é noso.

O mundo é noso.

Por cada irmán que non chegou ao seu destino,

por cada pai que non voltou ver os seus fillos.

Somos as mans que neste mundo construímos,

quixéronnos enterrar mais nós saímos.

 

 

Portada de Coas túas mans- Nao