E agora, falamos?
Investigade sobre algunha lenda na que se explique a orixe da vosa vila/aldea/cidade... (internet é unha boa fonte pero se tedes a oportunidade de que alguén próximo a vós vola conte de primeira man, moito mellor).
Logo teredes que a contar na aula para compartila cos vosos compañeiros/as.
Se preferides inventala tamén podedes, o caso é que cando a contedes vos esforcedes por darlle verosimilitude; non fagades un resumo do que di a lenda, esforzádevos por transmitir aos vosos compañeiros e compañeiras as emocións do feito glorioso que contades.