Non son fada nin princesa

Escoita atentamente  a seguinte canción da cantante Sés pertencente ao disco Admirando a condición:




Non son fada nin princesa

Se teórica é a causa,

práctica é a consecuencia.

Non quero asumir ausencias

nin chorar para partir.

Comer e deixar que comas,

vivir e deixar que vivas,

loitar se a loita é precisa

e rir se é preciso rir.


Non son fada nin princesa a quen mirar.


Non sei cobrar cando estimo

nin dou se non quero dar,

quero falar e falar

sen dar nada por ouvido.

Camiñar cos pés no chan

negar deuses asasinos,

non crer sen ver, dubidar,

confiar só nos sentidos.


Fanme rir porcos de pé,

contemplo olvido e memoria.

Só forxa patrias a historia,

fabríqueas quen quixer.

Cuspo enriba do papel

que mutile a identidade,

viro as costas ás vaidades,

deséxolle a morte aos reis.

 

Portada de Admirando a condición - Ses