Actividades
1. Desta volta imos xogar cos dicionarios...
O campo de xogo vai ser a biblioteca do centro, o obxectivo conseguir a información que se vos require e as normas as seguintes:
- Este é un xogo para realizardes en grupos de 3 ou 4 persoas (dependendo dos que sexades na clase). Cada grupo entregará un único exercicio.
- Debedes situarvos nunha mesa de traballo e levar a ela o material que precisedes. Cada grupo só pode ter na mesa de traballo dous dicionarios simultaneamente. Só se pode levantar un membro de cada grupo para coller dicionarios ou devolver os usados. Non se poden ter na mesa dicionarios que non se estean usando.
- Penalizarase o feito de non tratar o material con coidado.
- Ao lado de cada resposta debe figurar o nome do dicionario e a páxina onde se atopou a resposta, se non é así a resposta será nula.
- Cando a resposta sexa encontrada nun dicionario que non é o específico, a resposta puntuará a metade ( por exemplo se para traducir ao francés non utilizades un dicionario bilingüe galego-francés senón que facedes a tradución a través doutro idioma).
PREGUNTAS:
1. Indicade o significado das seguintes palabras: sanxoán, espulla, tentemozo.
2. Escribide tres sinónimos de cada unha das seguintes palabras: brétema, fundamental, traxe.
3. Traducide ao galego os seguintes termos casteláns: calambre, gustazo, guijarro.
4. Traduce ao inglés os seguintes termos: souto, amolar, angazo.
5. Indicade a orixe das seguintes palabras: gaiola, chaleco, cóndor.
6. Mirade se son correctos os seguintes termos (e de non selo, escribide as formas adecuadas):
convinte, mahonesa, títere.
7. ¿Onde naceu o Padre Sarmiento e de onde procedía a súa familia?
8. Buscade a orixe e o significado dos nomes das persoas que integrades o grupo.
9. ¿Quen é o autor da obra O porco de pé e en que ano se publicou?
10. Indicade a categoría gramatical das seguintes palabras: perante , ¡upa!, xa.
11. Indicade o xénero gramatical das seguintes palabras: legume, lousame,, fuste.
12. Escribide o copretérito do verbo rir.
13. Explicade en que consisten os seguintes termos literarios: fonosimbolismo, leixaprén, lírica.
14. Definide os seguintes termos: neurotomía, prolapso, adromia.
15. Explicade os usos ortográficos do signo dous puntos(:):
16. Escribide unha frase feita (modismo, refrán...) con cada unha destas palabras e o significado das
mesmas: lume, Marica, porco.
Descarga en pdf2. De tanto manexardes dicionarios, ben seguro que dominades a técnica da definición, pois iso é o que toca agora. Pero, por se tivésedes dúbidas lembrade que:
E xa que estades preparados/as toca definir. Ollo que non podedes mirar no dicionario!!!
Estas son as palabras:
Verde, organización, precavido, galego, caderno, docente, nugallán, adormecer, repetir, concienciada.
Despois de definilas, si que toca comprobar... é o momento de botar man do dicionario.
3. E xa postos a definir, podedes probar con palabras inventadas, non seriades os primeiros aquí vai algunha mostra do xenial Elucidario de Gonzalo Navaza:
Alpaca: Alfrancisca.
Cadaleito: Cada cama. A cama de todos e cada un.
Dignosauro: Réptil xigantesco da era secundaria, moi estirado de pescozo.
Eucarestía: Situación económica en que os prezos soben a toda hostia dun día para outro.
Inverosimio: Mono incrible.
Orgasno: Pracer de burros (Véxase bacasnal).
Perifeira: Arredores do mercado.
Agora tócavos a vós, fixádevos na palabra sobre a que está formada e procurade buscar o lado humorísticos. Logo lede as definicións na clase:
- Apirado
- Fronteira
- Fuamador
- Impreshora
- Mesalítico
- Pobreta
- Primativo
- Prosmático
- Subordenado
- Tecnolóxico
- Verán
- Verboarrea