Actividades
O que toca agora xa sabes o que é: tes que escribir e escribir se queres aprender. Por se tes preguiza e non queres pensar, darémosche algunha idea para te axudar.
E vén a eterna pregunta: canto ten que ocupar? Se atendiches ao explicado xa saberás que a contestación terala cando empeces a narrar.
Aí van algunhas propostas. Pero tamén podedes facer unha chuvia de ideas na clase, non esquezades que as narracións podedes aproveitalas despois para os vosos contacontos e o mellor é que a temática sexa do agrado de todos e todas.
- O profesor de ...... perde un exame que che saíra moi ben
- Todas as noites vén visitarte un morcego que...
- Fixestes unha excursión de clase e o condutor do autobús non vos foi recoller
- Teus pais deciden acoller na familia a un/unha rapaz/a da túa idade...
- Ao erguéreste pola mañá medrárache o pelo 30 cm.
- Coñecíchelo/a, é el/ela... peeeero....!!!
- Vas un día pola rúa e... tropezas con ...
- Petan á porta da túa casa, vas abrir e non hai ninguén
- Ao espertares notas que tes unhas ansias enormes de ler...
Seguide os pasos que se vos indicaron e non esquezades os do final: comprobar, revisar, refacer...