Perder o medo!
Se a clave para facer unha boa presentación en público é practicar, é obvio que aínda non estamos preparad@s, xa chegaremos. De momento imos comezar polo principio: reforzar a autoconfianza e perder o medo a falar en público.
Sentamos en círculo e, de maneira consecutiva, imos expoñer un pequeno texto no que durante dous minutos describamos o/a marabilloso/a que son os compañeiros ou compañeiras que tedes ao lado (á dereita e á esquerda). Podemos falar das súas habilidades, capacidades, experiencias, virtudes, mañas, valores... Por suposto, só os aspectos positivos que definen a súa personalidade (recordade que se trata de reforzar!) . Non chega con dicir “é moi boa compañeira”, haberá que elaborar un pequeno texto (tedes 2 minutos para pensalo), por exemplo:
Todos e cada un de vós teredes que dicir algo positivo dos dous compañeiros ou compañeiras que tedes ao lado e, do mesmo xeito, escoitaredes as calidades que, segundo os/as que están ao voso carón, tedes a sorte de posuír. O/a profesor/a tamén xoga!!!Fulano é un rapaz moi participativo e entusiasta, sempre que algún profesor pide un voluntario para facer calquera actividade procura presentarse voluntario. Iso non quere dicir que sexa un fachendoso que pretende presumir do que sabe, porque moitas veces preséntase unicamente coa intención de axudar, aínda sen saber se vai ser quen de facer o que se lle pide. Tampouco o fai para facerlle a pelota ao profesor porque é o primeiro en contradicilo cando non comparte algunha opinión ou en saír en defensa dos compañeiros cando considera que se cometeu algunha inxustiza ou que as notas non reflicten o traballo que realiza cada un. El sempre pon intención.