Uso de vocabulario científico, propio do tema que se está a tratar.
Vocabulario de significado preciso (só hai unha maneira de interpretalo).
Non hai grande preocupación pola estética, só pola claridade.
Predominio de presente de indicativo.
Formas de pretérito só nas partes con narración.
Predominio da 3ª persoa.
Formas impersoais.
1ª persoa (plural de modestia).
Tipos:
Predominio de verbos atributivos, de fala ou de pensamento.
Escaseza de verbos de acción.
Estruturas sinxelas. Fíxate:
Onde?
Que?
Conectadores que marcan as relacións entre as partes que compoñen os enunciados.
Oposición.
Causa.
Adición.
Enunciados enunciativos.
Actividade de exposición oral.
A seguir propoñémosche unha serie de temas para que prepares un pequeno texto expositivo, é dicir, para que achegues unha información explicando o preciso para que sexa entendida polos interlocutores. As propostas son sinxelas, non tes que preocuparte pola fase de documentación, o que interesa agora é que practiques determinadas estruturas propias deste tipo de textos.
Aí van as propostas temáticas:
Estes son os tipos de estruturas:
Cada un/unha de vós debe elaborar no seu caderno un pequeno texto escrito (arredor de 10 ou 15 liñas) sobre o tema que o ordenador lle asigne e debe facelo empregando o tipo de estrutura que lle apareza asociado. Isto debe facerse sen dicir aos/ás compañeiras cal é o tipo de estrutura empregado porque logo lerédelas en voz alta na clase e os/as demais han de acertar cal foi o tipo de estrutura que vos tocara.
Se é preciso podedes complementar a estrutura que se vos adxudicou con algunha outra que a complemente pero sempre debe predominar a que vos corresponde empregar.
Debedes empregar conectadores dos que se ofrecen nas seguintes caixas:
En textos explicativos:
Isto prodúcese porque...
As consecuencias disto son...
Por esta razón...
Estes son os motivos que explican...
O resultado desta situación é que...
Isto explica que...
A raíz disto...
Para entendermos isto...
Temos que explicar agora...
Os factores que inflúen son...
Esta situación está provocada por
Ao (infinitivo conxugado) ... entón
En textos nos que haxa oposición:
Porén...
Non obstante...
A pesar de...
se atendemos agora a...
Por unha banda... por outra...
Isto contraponse con...
En contraposición a isto...
Agora ben...
Con todo e isto...
Así e todo...
Malia isto...
Para exemplificar:
Por exemplo...
Un dicir...
Un falar...
Por poñer un caso...
Para comprobalo...
Nas enumeracións:
En primeiro lugar...
Por último...
Tamén...
Por outra banda...
Así mesmo...
Outro aspecto...
Igualmente...
E mais…