Cando se fai unha presentación debemos ter en conta se esta é unha explicación en si mesma, que logo se vai subir á rede, ou se vai acompañar unha exposición oral. No primeiro caso cómpre introducir o texto preciso para explicar os contidos que se queren transmitir, mais no segundo as imaxes deben ser case suficientes para, a través delas, poder seguir as explicacións que dá o conferenciante.
Na presentación que elaboramos para explicarche como faceres a túa presentación había moito texto porque é preciso que leas a información para entendela, pero imaxina que ti es agora quen vai explicar isto a outras persoas. Ofrecémosche a mesma presentación que acabas de ler pero esta vez só coas imaxes, que deben ser suficientes para guiar a túa charla. Utiliza esta presentación para ensaiares a posta en escena e para comprobares a eficacia dunha presentación realizada de xeito correcto.