Palabras que se cadra non coñeces:
Enxoval
Dote
Prescribir
Contraente
Diferir
Caseteiras
Xornaleiras
Búscaas no
dicionario!!
Pois agora toca practicar... O primeiro é con axuda...
Ofrecémosche un esquema a medio facer, está seleccionada a información e organizados os apartados pero es ti quen ten que colocar cada cousa no lugar que lle corresponde arrastrando os cadros. Para facérelo deberás ler primeiro o seguinte texto:
Os mamíferos de Galicia
Entre os grandes carnívoros destacan dúas especies desaparecidas de boa parte da Europa occidental, o oso pardo, noutrora espallado polos principais montes das catro provincias galaicas e hoxe visitante ocasional dos Ancares lucenses, e o lobo ibérico, subespecie endémica da Península que conta cunha poboación de 600 exemplares (o 30% da peninsular), o que fai de Galicia a comunidade onde se atopa a maior densidade desta especie. Outros carnívoros destacados son o gato montés, escaso en Galicia (distribúese polas zonas rochosas e os bosques caducifolios máis afastadas do home), o raposo e os mustélidos; teixugo, furón bravo, donicela, londra, visón americano (introducido polas granxas peleteiras nos anos 60, hoxe en día constitúe unha ameaza para as aves), martaraña e garduña. Os Vivérridos están representados coa presenza da algaria.
Os herbívoros están representados por especies bastante espalladas como algúns cérvidos: cervo común, gamo, (introducidos como especies cinexéticas) e corzo. Poboacións de cabra montesa (reintroducida en 1997), carneiro bravo(introducido como especie cinexética) e redutos de rebezo. Co paseniño abandono do rural galego, destaca o incremento das poboacións de xabaril e corzo. Segundo a Asociación del Corzo Español, Galicia é a comunidade española coa maior densidade desta especie, destacando en particular a provincia de Lugo onde se cifrou unha poboación duns 22.000 corzos (2007). No tocante ao xabaril, a súa poboación estimouse nuns 40.000 animais, cifra que sen a incidencia das batidas podería chegar ata os 100 mil, consituíndo unha auténtica praga no monte galego.
Ten unha boa representación varias especies de insectívoros: ourizo cacho, furaño común e de xardín, murgaño patibranco e de Cabrera, furafollas ibérico, grande e pequeno, toupa, o aguaneiro; roedores: esquío, rato mouro, rilón, leirón careto; lagomorfos (destacan endemismos como a lepus granatensis e a lepus castroviejoi), quirópteros; rexistrouse a presenza de 19 das 40 especies de morcegos que viven en Europa o que fai de Galicia un paraíso para os quirópteros europeos, pinnípedos e cetáceos; Nas costas galegas atópanse 6 especies diferentes de pinnípedos, no tocante aos cetáceos, rexistrouse a presenza de ata 22 especies de cetáceos, das cales as máis comúns son o caldeirón, o golfiño riscado, o arroaz (cuns 500 exemplares), a toniña (con 300) e o golfiño común.
http://gl.wikipedia.org/wiki/Fauna_de_Galicia