Vocabulario: os medios de comunicación

Resolve o encrucillado con palabras referidas aos medios de comunicación:

Horizontais
  1. Calidade do que dá conta dos feitos con fidelidade á realidade, sen deformacións por valoracións ou preferencias persoais.
  2. Artigo periodístico ou sección dun xornal destinada a facer un comentario da actualidade.
  3. Información conseguida a través de fontes informais, que non foi contrastada nin contén datos abondos para se considerar certa.
  4. Palabra ou expresión que se repite a miúdo ao falar (ou escribir), por un hábito vicioso.
Verticais
  1. Persoa que se dedica profesionalmente a escribir ou realizar actividades para un xornal ou para outros medios de comunicación.
  2. Control político e/ou relixioso dos medios de comunicación.
  3. Esquema previo ó guión que contén a estrutura dun espazo radiofónico.
  4. Discurso breve dunha autoridade dirixido ao público.
  5. Xénero dialogal de opinión no que se enfrontan as posturas de varias persoas sobre un tema, con intervencións ordenadas por un moderador/a.
Moi ben!
Non está ben