Positivos e negativos

Avaliación ››
Parent Previous Next

Avaliación: Positivos e negativos



Positivos e negativos


Os positivos e os negativos permiten modificar a nota dun bloque ou dunha avaliación a través dunha nota suplementaria (que non se rexistra nas celas de notas). Exemplos: queremos premiar o alumnado que participa no clube de lectura cunha puntuación suplementaria á súa nota na avaliación; queremos castigar cunha nota negativa a un alumno/a que tivo unha conduta disruptiva, pero só o penalizamos na nota de clase.


Os positivos e negativos póñense nas celas azuis ou na sepia que está xusto debaixo. Se o poñemos nun cadro azul o positivo súmase (ou réstase se é negativo) á media dese bloque, pero non afecta os demais bloques. Se o poñemos no cadro inferior  a nota súmase (ou réstase) ó total da avaliación.

Cando nun cadro se engadiu unha nota positiva, no mesmo aparece unha liña inferior de cor verde, que indica este feito. Se a nota é negativa aparece unha liña de cor vermella. Para ver o valor que se engadiu ou se restou pódese activar o cadro de verificación "Negat/Posit", ou facer clic dereito en calquera destes cadros e seleccionar "Ver Pos/Neg". A continación ábrese un cadro de diálogo no que vemos todos os positivos e negativos postos nesa avaliación e no que podemos modificar os valores que queiramos.


Inserir positivos e negativos

O xeito máis doado de engadir un positivo ou un negativo é facer clic dereito na cela na que o queremos poñer, e logo seleccionar "Engadir positivo" ou "Engadir negativo". No cadro emerxente poñemos o valor que queremos sumar ou restar. O outro xeito de introducir estes datos é, como xa vimos, activando o cadro de verificación "Negat/Posit" ou facendo clic dereito e logo "Ver Pos/Neg". Na ventá emerxente podemos engadir e modificar todos os valores






Manuel Rosales Graña


Created with the Personal Edition of HelpNDoc: Produce electronic books easily