Ponderacións

Avaliación ››
Parent Previous Next

Avaliación: Ponderacións



Ponderacións


As ponderacións permiten darlle un peso diferente a cada un dos elementos que conforman a avaliación. Se unha nota é "NP", a todos os efectos a ponderación vaise realizar (e tamén a media aritmética) cun valor de cero. No caso de que a nota quede en branco (porque non se fixo esa proba pero hai unha causa xustificada e non se quere ten en conta esa nota para ese alumno/a) simplemente non se aplica esa ponderación (sáltase esta nota e recalcúlanse as demais ponderacións na escala de 100). Se hai varias celas con ponderación pero non teñen nota (porque aínda non se puxo, por exemplo) o efecto é o mesmo có anterior: as celas en branco non contan para a ponderación, e esta establécese tan só coas celas que teñen un valor (recalculando as ponderacións sobre 100).


Hai tres niveis de ponderacións:

      1. As que se aplican a cada unha das avaliacións para obter a nota de xuño.
      2. As que se aplican a cada un dos bloques que forman cada unha das avaliacións.
      3. As que se aplican dentro de cada bloque para ponderar cada unha das notas inseridas.


Todas estas ponderacións levarse a cabo tamén dende a ventá de Opcións.


1: Ponderación das tres avaliacións para obter a nota de xuño.


Para facer a ponderación de cada unha das avaliacións prememos no cadro verde de calquera delas co botón dereito e seleccionamos "Mudar ponderación".


No cadro que aparece indicamos a ponderación de cada unha das avaliacións nunha escala de 0 a 100; as ponderacións das tres avaliacións deben sumar 100 (algunha delas podería ser cero). Se a suma non é de cen (o cadro do lado dereito indica isto) non se pode saír.


A opción "Media aritmética" anula as ponderacións de xeito que a media de xuño sexa aritmética e non ponderada.





2: Ponderación de cada un dos bloques dentro dunha avaliación.


Para facer a ponderación de cada un dos bloques (Clase, exames...) prememos no cadro verde de calquera deles co botón dereito e seleccionamos "Mudar ponderación".


No cadro que aparece indicamos a ponderación de cada un dos bloques nunha escala de 0 a 100; as ponderacións das tres avaliacións deben sumar 100 (algunha delas podería ser cero). Se a suma non é de cen (o cadro do lado dereito indica isto) non se pode saír.


A opción "Media aritmética" anula as ponderacións de xeito que a media sexa aritmética e non ponderada.






3: Ponderación das tres avaliacións para obter a nota de xuño.

No cadro da primeira avaliación (esquerda) podemos activar o cadro de verificación "Pond" para ver as ponderacións de cada unha das notas inseridas (dereita). Cando estamos vendo estas ponderacións, facendo clic co botón dereito do rato nunha columna, podemos establecer a ponderación de todos os elementos da mesma.


No cadro que aparece indicamos a ponderación de cada unha das probas nunha escala de 0 a 100; as ponderacións das tres avaliacións deben sumar 100 (algunha delas podería ser cero). Se a suma non é de cen (o cadro colorado inferior) non se pode saír.


A opción "Media aritmética" anula as ponderacións de xeito que a media sexa aritmética e non ponderada.




Manuel Rosales Graña


Created with the Personal Edition of HelpNDoc: Benefits of a Help Authoring Tool