Opcións

Opcións ››
Parent Previous Next

Opcións




Tipo de Avaliación 


Na opción Tipo de Avaliación podemos cambiar o xeito de avaliar (Por Avaliacións / Por Bloques) que escollemos no inicio. Se eliximos a Avaliación por bloques debemos decidir primeiro cantos bloques imos utilizar (o mínimo son 3 e o máximo 5), utilizando para iso o cadro de selección que está na parte superior.

Ademais aparece a pestana Asociar Bloques con Avaliacións. Nesta sección podemos decidir que bloques se corresponden con cada avaliación; Ex: O bloque 1 e 2 poden corresponder á primeira avaliación, o bloque 3 á segunda e os bloques 4 e 5 á terceira.



Medias e Ponderacións 


    • Carqueixa permite unha xestión completa das medias e ponderacións de cada tarefa e de cada avaliación ou bloque.
    • Para cada avaliación (ou bloque) están dispoñibles catro grupos de Tarefas  (Clases, Traballos, Controis e Exames); podemos renomear as tarefas segundo as nosas preferencias, en Etiquetas. As notas que poñamos en clases só poden facer unha media aritmética. Para as demais tarefas temos a opción de que a media sexa Aritmética ou Ponderada. A media aritmética considera que todas as notas teñen igual peso; na media ponderada consideramos que unhas notas teñen máis peso no total ca outras.
    • Se escollemos a media pornderada debemos indicar cal é a ponderación de cada unha das probas que imos realizar. A ponderación de todas as probas debe sumar 100 e podemos indicar entre 1 e 6.Ex: O primeiro exame valerá un 20% da nota, o segundo un 30% e o terceiro un 50%. Para axudar a saber cal é o valor que falta para chegar a 110, no cadro vermello do final aparece a diferenza.
    • Recuperación. Este cadro ten un número que indica como se van tratar as notas de recuperación para ese bloque de tarefas: un 0 indica que a media se fai sempre coa nota da Recuperación, sexa cal sexa; un 1 indica que a media se fai coa nota máis alta das dúas (proba e recuperación); un 2 indica que o valor non se toma nin da proba nin da recuperación, senón da media aritmética das dúas.
    • TOTAL. Aquí indicamos como se vai facer a media total de cada avaliación: Aritmética ou ponderada. En caso de escollermos a media ponderada hai que pór os valores porcentuais que se corresponden con cada unha das catro Tarefas dispoñibles. Non hai por que usar as catro tarefas, para aquelas que non queiramos utilizar abonda con pórlle 0 na súa ponderación, e xa queda excluída. Ex: Clase pondera 0, Traballos pondera 0, Controis pondera 0 e Exames pondera 100. Neste caso só se ten en conta a Tarefa Exames.
    • Na pestana XUÑO podemos decidir se a media final é a media aritmética entre a nota das avaliacións ou unha media ponerada das mesmas. O xeito de ponderar as avaliacións é o mesmo có seguido previamente coas demais ponderacións.





Etiquetas Tarefas / Avaliación Cualitativa


Aquí decidimos que nome vai ter cada unha das tarefas en cada unha das avaliacións. Tamén podemos establecer que aspectos da Avaliación Cualitativa queremos incluír na nosa avaliación, personalizando as etiquetas e decidindo se se mostran ou non.





Contrasinal e copia de seguridade 


    • Para cambiar o contrasinal de entrada só hai que premer no botón Cambiar Contrasinal e indicar unha nova.
    • Para facer unha copia de seguridade da base de datos prémese Facer Copia de Seguridade e aí pregúntasenos onde queremos gardar a copia de seguridade. Tamén podemos Restaurar unha Copia de Seguridade que fixeramos previamente. Tamén podemos establecer que o programa faga copias de seguridade automáticas cada certo tempo.
    • Outra opción que podemos activar (por defecto está desactivada) é que cando se estea no Modo Avaliación se incorpore tamén o alumnado pendente.
    • A seguinte opción que podemos marcar é se queremos que se inclúa o panel de Faltas do alumnado. Se non queremos anotar as faltas do alumnado en Carqueixa, desactivaremos esta función para permitir un mellor aproveitamento do espazo dispoñible en pantalla.
    • Podemos tamén decidir se cando imprimimos se nos mostre un cadro de diálogo para escoller a impresora ou se se usa a impresora por defecto.
    • Finalmente, se o programa non atopa a base de datos ou queremos indicar a ruta na que se atopa a base de datos usaremos esta última opción.






Manuel Rosales Graña


Created with the Personal Edition of HelpNDoc: Create help files for the Qt Help Framework