Modo avaliacióin e Modo setembro

Avaliación ››
Parent Previous Next

Avaliación: Modo avaliación e Avaliar setembro


Sesións de Avaliación


    • As sesións de avaliación realízanse por grupos; Se un profesor imparte unha materia a varios grupos ou lles dá dúas asignaturas a un mesmo grupo de alumnos, na sesión de avaliación habería que ir saltando permanentemente duns grupos a outros e dunhas asignaturas a outras. Para avaliar nestes casos hai que seleccionar o Modo Avaliación. Con este modo activado, ó seleccionar un grupo aparecen todos os alumnos/as dese grupo ós que se lles imparte algunha materia; a materia aparece indicada coa súa abreviatura entre parénteses ó lado do nome do alumno/a. En caso de termos importado datos de alumnado ó que non lle damos clase, podemos seleccionar o profesor/a, de xeito que só se mostrarán os datos das materias impartidas por ese profesor/a. Isto require que cando se crearon as Asignaturas se puxese o nome de profesor/a a todas as materias creadas; se isto non se fixo, sempre se pode adxudicar a cada asignatura un profesor/a indo a Xestión-Modificar Asignatura.


    • Na avaliación de setembro pode resultar útil que apareza só o alumnado que vai ser avaliado en setembro, para non ter que andar saltando entre os alumnos/as que aprobaron en xuño; neste caso activaremos Avaliar Setembro, e os datos que aparecen é o do alumnado que suspendeu a materia en xuño.





Manuel Rosales Graña


Created with the Personal Edition of HelpNDoc: Create cross-platform Qt Help files