Grupos

Grupos ››
Parent Previous Next

Grupos



Creación de grupos


Para cada nivel, curso, grupo e asignatura só se pode crear unha única combinación de grupos; é dicir, unha vez creados os grupos estes pódense modificar, pero non se pode crear unha segunda tanda de grupos mantendo os datos da primeira tanda de grupos creados.

Cando se accede á pantalla de creación e xestión de grupos o primeiro é indicar o número de grupos que vai haber (arriba á dereita); logo temos que ir incluíndo o alumnado dese curso (que aparece á dereita) dentro de cada un dos grupos, simplemente arrastrando o seu nome ó grupo correspondente. Se se quere eliminar un alumno/a dun determinado grupo só hai que premer no botón que hai debaixo da súa foto "Quitar".






Poñer notas a un grupo


Na páxina principal de avaliación, ó facer clic dereito sobre calquera cela que admita notas ábrese un menú que inclúe a opción "Avaliar en grupo", que á súa vez permite unha segunda elección: "Avaliar con rúbrica/lista de cotexo" e "Poñer unha nota de grupo".

Se eliximos "Poñer unha nota de grupo" abrirase unha ventá na que aparecen todos os grupos, cada un cun cadro á esquerda no que se pode inserir unha nota. Debaixo deste cadro hai un cadro de verificación que está marcado en verde ("Inserir nota"); cando este cadro está marcado en verde quere dicir que ó pechar esta ventá a nota pasará á cela de todos os alumnos/as do grupo na ficha de avaliación; se se desmarca o cadro este deixa de estar en verde, e indica que a nota non vai pasar á cela de avaliación cando se peche esta ventá (isto faise para previr que, se un profesor puxo as notas dun grupo manualmente, se poida manter esa nota manual e prescindir da nota asignada ó grupo. Para garantir que todos os grupos están seleccionados pódese usar o cadro , e tamén se pode usar para desmarcar todos os grupos.


Na parte superior aparecen aínda dúas opción máis: "Avaliar o grupo cunha soa nota" e "Avaliar separadamente a cada alumno/a".

Coa primeira opción marcada todos os alumnos/as do grupo compartirán a mesma nota.

A segunda opción permite valorar individualmente a cada alumno/a (no cadro que hai debaixo da súa foto) para, a partir desa valoración individual, chegar a unha nota do grupo. Esa nota promediada do grupo aparece no cadro branco que hai no lado esquerdo. Ademais tamén podemos poñer unha nota diferente a cada alumno/a de xeito que a nota total do grupo se pondere coa achega individual que fixo o alumno/a; para facer esta ponderación usamos os cadros que nos permiten indicar que porcentaxe da nota se vai deber á aportación individual e cal ó total do grupo. Cando se está a utilizar esta ponderación, debaixo de cada alumno aparece, ademais da nota que lle puxemos outra nota, que é a nota xa ponderada que se vai inserir no cadro de avaliación; ademais, se lle puxemos a nota á man a ese alumno/a, podemos facer que a nota non pase ó cadro de avaliación desmarcando o cadro de verificación que ten á esquerda.






Poñer notas a un grupo mediante rúbricas


A outra opción da que falabamos antes, "Avaliar con rúbrica/lista de cotexo", permite utilizar unha rúbrica para avaliar ó grupo. O funcionamento é o mesmo có que explicamos no apartando anterior, coa única diferenza de que a nota de cada alumno/a (ou a do grupo enteiro) se fai mediante unha rúbrica ou lista de cotexo.




Manuel Rosales Graña


Created with the Personal Edition of HelpNDoc: What is a Help Authoring tool?