Faltas

Faltas ››
Parent Previous Next

Faltas



Opcións de Faltas

O programa Carqueixa permite que o profesor/a leve unha anotación das faltas do alumnado. Na pantalla de Opcións , seleccionando a pestana Contrasinal e Copias de Seguridade, temos un cadro de verificación que nos permite desactivar a inserción de faltas cando non a imos utilizar; isto permite gañar espazo na ventá de Avaliación, dado que xa non se mostra o panel de faltas.





Inserir / Modificar faltas na Pantalla de Avaliación


    • Inserir Faltas:

Para inserir faltas temos que escoller un día para pór a falta (por defecto no cadro de datas aparece a data de hoxe) e premer no tipo de falta que imos pór: Non xustificada (cor vermella), Xustificada (cor verde) ou Retraso (cor azul).


    • Modificar Faltas:

Para eliminar ou modificar unha falta previamente inserida (para xustificala, por exemplo) debemos premer no botón dereito que hai ó lado de cada falta. Ábrese entón unha ventá na que podemos levar a cabo as seguintes funcións:

      • Eliminar unha falta. Para iso abonda con premer o botón Eliminar Falta.
      • Modificar a data dunha falta. Debemos escoller a nova data e posteriormente premer un dos botóns superiores: Non Xust, Xust ou Retr.
      • Modificar o tipo de falta. Para cambiar o tipo de falta só hai que escoller unha das tres opcións nos botóns superiores: Non Xust, Xust ou Retr.





Ir á pantalla de FALTAS   






Para visualizar de vez todas as faltas dun curso usaremos a pantalla de Faltas. Na parte superior aparece un cadro no que podemos seleccionar o mes que aparece en pantalla.


Tamén podemos modificar dende aquí as faltas: se facemos click nunha cela baleira colocaremos unha falta non xustificada (NX); facendo click de novo a falta pasa a ser xustificada (X); cun terceiro click a falta convértese en retraso (R). Cun novo click a falta desaparece. Para facer as modificacións ou eliminar as faltas abonda con ir percorrendo esta escala facendo clicks.



Manuel Rosales Graña


Created with the Personal Edition of HelpNDoc: Full-featured multi-format Help generator