Extraer as fotos dunha Orla

Xestión ››
Parent Previous Next

Xestión: Recompilar as Fotos



Extraer fotos a partir dunha ORLA dixitalizada.


       Se a orla a temos en papel primeiro hai que dixitalizala, de xeito que teñamos un arquivo en formato jpg, bmp ou gif.

       


Unha vez que temos a orla dixitalizada prememos o botón "Fotos dende ORLAS" e seguimos os pasos que se detallan a continuación:


1.- Elixir un cartafol onde gardar as fotos.

Pode ser calquera cartafol en calquera lugar do disco (ou dunha unidade extraíble); o importante é que teñamos localizado este cartafol para logo indicarllo a Carqueixa máis tarde.


2.- Abrir a orla.

Debemos abrir a orla que temos escaneada en formato JPG, BMP ou GIF. Neste momento debemos indicarlle ó programa o Nivel, Curso e Grupo ó que corresponde a orla, para logo poder automatizar o proceso de asignación de fotos ó alumnado.

Cando xa está cargada a orla aparece unha mensaxe que pide que se indique o tamaño de cada foto. Isto faise, tras pechar a advertencia, picando nunha esquina de calquera foto co rato e arrastrando ata a esquina oposta; cando teñamos o cadro desexado sóltase o botón e xa podemos continuar no paso seguinte. Se non nos gusta o tamaño do cadro que fixemos podemos volver a repetir o proceso.


3.- Comezar a captura.

Ó premer o botón "Comezar a captura" cando se move o punteiro do rato sobre a orla  vai aparecendo no cadro que está arriba á dereita o encadre de cada foto; cando a foto estea encadrada facemos click e gárdase esa imaxe. O nome co que se garda aparece debaixo do recadro superior da dereita e vai cambiando automaticamente cada vez que se grava unha imaxe, indicando así o nome da seguinte; podemos modificar o nome escollendo un número superior ou inferior no selector da dereita do nome.

É moi importante que a captura se realice secuencialmente, mantendo o número que lle corresponde a cada alumno/a na orla, pois se non se fai así o emparellamento automático que imos facer máis tarde fallará.


4.- Deter.

Ó rematarmos a captura prememos o botón Deter e podemos cargar outra orla ou saír.







Manuel Rosales Graña


Created with the Personal Edition of HelpNDoc: Free EPub and documentation generator