Estatística

Estatística ››
Parent Previous Next

Estatística



Visualizar Estatísticas en Pantalla


Para visualizar calquera estatística primero hai que seleccionar o rango de datos a partir do cal se quere facer a estatística:

      • Ano Académico. O programa permite seleccionar un dos anos académicos que haxa no programa, ou poñer a selección en branco para que faga a estística de todos os anos.
      • Nivel, Curso, Grupo. Podemos deixar en branco nivel (a estatística farase de todos os niveis) ou escoller un dos dous posibles (ESO ou Bacharelato). O mesmo ocorre coas opcións Curso e Grupo.
      • Asignatura Só neste grupo. Se temos cubertos os campos Ano Académico, Nivel, Curso e Grupo, podemos seleccionar tamén unha asignatura. Neste cadro aparecen as asignaturas que se imparten neste grupo, sen ter en conta as asignaturas mixtas ás que acode alumnado de varios grupos.
      • Asignatura Grupos mixtos. Nestoutro botón podemos seleccionar que a estatística se realice sobre unha asignatura á que acode alumnado de varios grupos.
      • Profesor/a. Se a cada materia lle temos asignado un profesor/a, podemos facer a estatística dese profesor no grupo ou grupos seleccionados previamente. Así, podemos coñecer a estatística do profesor en todos os anos académicos (deixando en branco todas as eleccións previas, ou ver a estatística do profesor nun determinado nivel ou grupo.
      • Premendo neste botón podemos imprimir ou gardar as estatísticas cos criterios actualmente seleccionados. ´Xérase un arquivo en formato PDF que se pode gardar ou imprimir.
      • Se esta opción está marcada as estatísticas fanse sen ter en conta o alumnado que ten materias pendentes; se non está marcada, todo o alumnado, tanto repetidor como non repetidor, é incluído nos resultados.




Informe estatístico para a Memoria de Fin de Curso


Para facer o informe estatístico que se inclúe na Memoria final do Departamento é necesario que os datos de todas as materias que imparte o departamento estean en Carqueixa. Pódense incorporar as materias doutros profesores/as que usen carqueixa a través da opción Xestión-Importar da pantalla de Xestión.


O informe estatístico podémolo realizar coas seguintes opcións:

        • Diferenciar Grupos. Se está marcado este cadro de selección na estatística desglósanse cada un dos grupos nos que se imparte algunha materia do departamento..
        • Informe de Pendentes. Con esta opción marcada no informe faise a estatística do alumnado pendente..
        • Incluír totais. Permite que o informe elabore datos Totais para cada un dos niveis.




Manuel Rosales Graña


Created with the Personal Edition of HelpNDoc: Easy EPub and documentation editor