Engadir o alumnado

Xestión ››
Parent Previous Next

Xestión: Engadir o alumnado



1.- Manualmente, un a un.


Este é un xeito pouco recomendable de inserir datos porque é moi lento. Debe usarse para inserir alumnos/as que chegan durante o curso, para corrixir erros nas listaxes iniciais e para actualizar o alumnado que cambia de grupo.

Tamén usamos estes botón para modificar os datos dun alumno/a cando cambian ou se queremos eliminar un alumno/a.




2.- Automaticamente a partir de datos en Excel.



    • Dende XADEWEB o Secretario/a do centro pode xerar un informe con todos os datos necesarios que se garda nun arquivo en formato Excel. Carqueixa só admite o formato .xlsx (Excel 2007), de xeito que se o informe xerado con Xade fose en formato Excell 97/2003 habería que convertelo (co Excel de Microsoft Office 2007/2010 ou tamén con OpenOffice, que é un software gratuíto) a formato .xlsx. O arquivo de Excel tamén se pode crear a partir de información recollida en documentos de Word ou outros semellantes, seguindo as instrucións que se indican premendo no botón "Instrucións".


    • Se queremos usar o procesamento automático o arquivo de Excel ten que ter na cabeceira de cada columna (fila 1) como mínimo as seguintes etiquetas:

Nivel ( ou ENSINANZA) (valores: 'Bach.' /  'Bacharelato' -  'ESO')

Curso (valores: 'Primeiro' - 'Segundo' - 'Terceiro' - 'Cuarto' /  '1º Bacharelato' - '2º ESO', etc.

Grupo (valores: 'A', 'B', etc)

Apelido1 (ou APELIDO 1)

Apelido2 (ou APELIDO 2)

Nome (ou NOME)

    • Ademais, opcionalmente, o arquivo de Excel pode ter os seguintes campos: Sexo (valores: 'M', 'V'),  DNI (ou NUM# IDENTIFICADOR), Teléfono (ou 'TELF# FAMILIAR'), Enderezo, CP, Localidade, Concello, Provincia, Apelido1Nai, Apelido2Nai, NomeNai, Apelido1Pai, Apelido2Pai,  NomePai.


    • Se algunha destas etiquetas ten un nome distinto no arquivo xerado por Xade, só hai que cambiala seguindo as instrucións dadas.


    • Ó premer o botón Importar de EXCEL unha mensaxe indícanos o ano no que estamos traballando, para verificar que sexa o correcto.. Logo pídesenos que indiquemos onde está o arquivo de Excel cos datos do alumnado.  O seguinte dato que se pide é o Nome da Primeira Folla do arquivo de Excel; normalmente o nome da folla é o mesmo có do arquivo, pero se houbese algún problema só hai que abrir o arquivo de Excell e ver o nome da páxina no ángulo inferior esquerdo; ese o nome que indicaremos como Primeira Folla do arquivo de Excel Finalmente aparecemos na pantalla de Inserción de datos dende Excel.


    • O procesamento pode ser Automático ou Manual.
      • O procesamente automático só se debe activar se o arquivo excel se importou de XadeWeb ou se o elaboramos nós e estamos seguros de que contén os campos necesarios.
      • No modo manual podemos elixir qué campos da nosa base de datos (columna esquerda) queremos incluír, para o cal abonda con marcar ou desmarcar o cadro de selección. Os seis primeiros campos son obrigatorios, e non se poden desmarcar. Tamén podemos decidir qué campos da folla de cálculo emparellaremos cos campos da nosa base de datos (columna dereita).
    • Marcando Inserir Fotos facemos que as fotos do alumnado que preparamos antes a partir das orlas se vincule con cada alumno/a. As fotos poden estar en calquera cartafol, e debemos seleccionalo cando se nos pida. Ó rematar o proceso podemos eliminar este cartafol coas fotos, pois Carqueixa copia as fotos no seu propio cartafol e non precisa este. As fotos deben estar en formato .JPG e etiquetadas co seguinte criterio (que se fixo automaticamente cando se estraeron as fotos das orlas):

-Un número que indica o curso: 1(Primeiro), 2(Segundo), 3(terceiro), 4(cuarto)

-Unha letra que indica o Nivel: (B, E) para Bacharelato e ESO respectivamente

-Unha letra que indica o Grupo: (A, B, C...)

-Un guión '-'

-Un número que indica o número do alumno/a na lista de alumnado ordenada alfabeticamente.

-Exemplo: 1BA-3 (Alumno/a de 1º de Bacharelato grupo A; é o alumno/a número 3 da listaxe.

O máis importante en relación coas fotos é que o número de posición do alumno/a coincida co número de posición que o alumno/a ten na listaxe da folla de cálculo. En caso de haber erros posteriormente pódense corrixir.


    • Finalmente, premendo Aceptar comeza o procesamento e incorpóranse os datos do alumnado a Carqueixa.





3.- Automaticamente, a partir dos datos doutro Carqueixa.


    • Se outra persoa do centro que utilice Carqueixa xa fixo o proceso descrito anteriormente, pódense importar os datos e as fotos xa emparelladas directamente dende ese Carqueixa. Para iso só precisamos copiar nun pendrive ou en calquera cartafol do disco duro a base de datos de Carqueixa (CarDat.accdb) e mais o cartafol Fotos (que ten as fotos que usa internamente o programa); o arquivo e o cartafol están no mesmo lugar onde está o executable de Carqueixa.


    • Ó premer o botón Importar de CARQUEIXA infórmasenos do ano ó que se van importar os datos (por se houber que crear un novo ano académico) e pídesenos que lle indiquemos ó programa onde está a base de datos. Eliximos o cartafol que contén CarDat.accdb e mais o cartafol de Fotos, e prememos Aceptar. Incorporarase entón todo o alumnado coas súas fotos á nosa base de datos.




Manuel Rosales Graña


Created with the Personal Edition of HelpNDoc: News and information about help authoring tools and software