Empezando dende cero

Previous Next

Empezando dende cero


1: Abrir o programa Carqueixa 


Cando se abre Carqueixa por primeira vez aínda non hai datos, polo que é preciso crear un novo Ano Académico.



Estamos na pantalla de opcións, e na parte superior aparecen os botóns que permiten crear un novo Ano Académico; para facelo prememos no botón "Engadir novo Ano Acad." e na ventá emerxente que aparece dámoslle un nome. Este nome debe ter o formato: 2016-2017





2: Engadir as Materias que se van impartir nese Ano.


O seguinte paso é engadir as distintas materias que se van impartir no Ano Académico. Para saber como facelo segue esta ligazón.




3: Extraer as fotos do alumnado dende unha Orla.


Despois, e antes de engadir o alumnado, hai que preparar as fotos dos alumnos/as a partir das orlas. Para saber como facelo segue esta ligazón.




4: Engadir o alumnado.


O seguinte paso é engadir o alumnado. Para saber como facelo segue esta ligazón.





5: Engadir a cada materia o alumnado ó que se lle imparte.


O proceso conclúe coa inclusión do alumnado nas materias que cursa. Para saber como facelo segue esta ligazón.





Manuel Rosales Graña


Created with the Personal Edition of HelpNDoc: Produce Kindle eBooks easily