Crear as Materias

Xestión ››
Parent Previous Next

Xestión: Crear as Materias



Engadir as Materias que se van impartir nese Ano.


Aquí podemos engadir unha materia nova, e tamén modificar ou eliminar unha materia existente.




Engadir Materia: Pantalla de Introdución de Materias:

      • Escoller un Nivel (ESO ou Bacharelato), un Curso (Primeiro, Segundo....) e un Grupo (A, B, C...)
      • Darlle un nome á Materia e tamén unha abreviatura para identificala (Ex: Tecn)
      • O campo Profesor/a é optativo, e resulta útil cando se van introducir materias que imparten varios profesores/as (por exemplo se se quere usar Carqueixa para facer as medias totais de todo o centro). Este campo permite facer estatísticas de cada profesor/a e agrupar os datos por profesor/a.
      • Hai dous Tipos de Avaliación: Cando se escolle Avaliacións os datos distribúense nas tres avaliacións que hai durante o curso. O modo de Bloques úsase cando as medias que se queren realizar non se van facer por avaliacións, senón por bloques diferentes; así, a materia pode estar dividida en 5 partes ou bloques e a nota final non se obtén das notas de avaliación, senón da ponderación das notas de cada bloque. A pesar de todo, se se avalía por bloques sigue habendo a posbilidade de pór notas en cada avaliación, e tamén se decide qué bloques forman parte de cada avaliación.
      • Os botóns Alfa e Beta úsanse cando un mesmo grupo ten dúas sesións distintas para a mesma materia; nese caso introdúcense dúas materias, unha engadindo Alfa e outra engadindo Beta. Ex: A materia Física impártese a todo 1ºA, pero formando dous grupos: Físca-Alfa e Física-Beta.
      • Hai que marcar Materia de VARIOS GRUPOS cando a esa materia acode alumnado de máis dun grupo. Ex: Á materia de Francés van alumnos/as de 1ºA, de 1ºB e de 1ºC. Os datos engádense co seguinte formato: ABC. Isto é totalmente compatible con Alfa e Beta: Ex: Á materia Bioloxía-Alfa van algúns alumnos/as de 1ºA; á materia de Bioloxía-Beta van os demais alumnos/as de 1ºA e tamén alumnado de 1ºB. Neste caso Bioloxía-Beta marcaríase como Materia de Varios Grupos.
      • Para engadir a materia cómpre premer un dos botóns Aceptar-Outra ou Aceptar-Saír; o primeiro engade a materia e mantén os datos en patanlla para poder inserir outra materia a partir dos datos anteriores; se xa se acabou e se quere saír prémese o segundo botón. Para saír sen facer cambios premer Cancelar.





Unha opción alternativa: Engadir as materias importándoas dende outro Carqueixa




A opción Importar úsase para inserir no noso ordenador as materias que algún outro profesor/a xa ten elaboradas no seu Carqueixa. Esta opción é útil se queremos facer a estatística para a Memoria Final do Departamento, ou a estatística de cada profesor/a.

      • Antes ca nada debemos copiar nun pen (ou en calquera outro tipo de soporte) a base de datos de Carqueixa (CarDat.accdb) e, se queremos que o alumnado que non estea na nosa base teña foto, tamén o cartafol Fotos; tanto a base de datos coma o cartafol están no mesmo lugar có executable de Carqueixa.
      • O primeiro que faremos na pantalla de Importar é selecionar a base de datos de carqueixa (CarDat.accdb) da que imos importar os datos; para iso prememos o botón do lado inferior dereito, onde se nos pide que indiquemos o arquivo de Carqueixa dende onde se van extraer os datos.
      • Unha vez cargado o arquivo, aparecen no lado dereito todas as materias que se poden importar. Podemos seleccionalas todas (en Marcar Todas) ou seleccionar só aquelas que nos interesen.
      • O seguinte paso é premer o botón Importar (Abaixo á esquerda) e a importación lévase a cabo nuns poucos segundos ou minutos.
      • Se algunha das materias xa está na nosa base de datos, aparece un cadro que nos permite seleccionar unha destas tres opcións:
        • Actualizar esta Materia cos novos datos. Se a materia xa se importou anteriormente pero queremos actualizar os datos igualmente, premeremos esta opción. É necesaria cando se insiren os datos de Setembro, despois de termos inxerido previamente os de Xuño.
        • Darlle outro nome á Materia. Podemos incluír a materia dándolle outro nome diferente.
        • Non inserir esta Materia.Con esta opción non se importan os datos.






Manuel Rosales Graña


Created with the Personal Edition of HelpNDoc: Free HTML Help documentation generator