Creación de rúbricas e listas de cotexo

Rúbricas ››
Parent Previous Next

Creación de rúbricas e listas de cotexo




Creación de rubricas e listas de cotexo


Antes de avaliar mediante rúbricas cómpre elaborar a rúbrica que vai servir como instrumento de avaliación. Na pantalla de rúbricas podemos ver as rúbricas que temos creadas (no lado esquerdo) e a escala de valoración (no lado dereito); na parte inferior móstrase a equivalencia dos valores da rúbrica cunha escala de 10.

As rúbricas existentes podemos modificalas (Modificar) ou eliminalas (Eliminar), así como imprimilas.

Para incorporar novas rúbricas por unha banda temos o botón superior dereito ("Importar rúbricas dende outro Carqueixa"), que nos permite importar as rúbricas que algún compañeiro teña feito noutro Carqueixa ás nosas propias rúbricas; por outra banda temos os botóns "Engadir Branco" (crea unha nova rúbrica a partir de cero) e "Engadir a partir da seleccíon" (crea unha rúbrica cos valores da rúbrica actualmente seleccionada para que a modifiquemos e a partir dela crear unha nova sen perder a orixinal).

Na pantalla de creación de rúbricas temos que ir cubrindo os indicadores (cada unha das cuestións que imos avaliar mediante a rúbrica) e darlle a cada indicador unha porcentaxe da nota total; a suma de todos os indicadores debe ser 100; para axudar nisto podemos premer o botón "%" que lles dá a todos os indicadores a mesma valoración. Os outros botóns da dereita permiten subir, baixar ou borrar os indicadores. No lado superior dereito indicaremos se se trata dunha rúbrica ou lista de cotexo; tamén lle debemos dar un nome e, opcionalmente, unha descrición. Logo indicamos o número de niveis que vaiter e a partir de aquí o proceso é distinto se se trata dunha rúbrica ou dunha lista de cotexo:

      • Rúbrica: Se se trata dunha rúbrica temos ir seleccionando cada un dos indicadores e nos cadros de abaixo ir escribindo o texto de cada un dos niveis de consecución (o botón copiar pasa os datos dun cadro ó seguinte). Finalmente temos que darlle a cada nivel un valor nunha escala de 10, onde o 5 é a nota de aprobado.
      • Lista de cotexo: Tan só debemos indicar a equivalencia dos distintos niveis co escala de 10, sendo 5 a nota de aprobado.


Neste momento xa temos as rúbricas que imos utilizar na nosa avaliación.





Poñer notas a un grupo mediante rúbricas


A outra opción da que falabamos antes, "Avaliar con rúbrica/lista de cotexo", permite utilizar unha rúbrica para avaliar ó grupo. O funcionamento é o mesmo có que explicamos no apartando anterior, coa única diferenza de que a nota de cada alumno/a (ou a do grupo enteiro) se fai mediante unha rúbrica ou lista de cotexo.





Manuel Rosales Graña


Created with the Personal Edition of HelpNDoc: Easily create HTML Help documents