Axenda

Axenda ››
Parent Previous Next

Axenda



Tarefas e eventos


Unha tarefa é unha actividade que se pode realizar nun día ou en varios e que sempre vai ligada a un grupo e a unha asignatura concreta (ex: explicación dun determinado tema durante 3 días da semana en 1º de ESO na materia de Lingua Galega). Un evento é un acontecemento que ocorre nun único día e que caduca despois dese día (ex: un exame o día 5 de maio con 1º A); os eventos non teñen porque ir ligados a un curso ou un grupo (ex: Informar o día 5 a todo o alumnado de eso dos criterios de avaliación), senón que poden ligarse a todo un nivel (e entón o evento móstrase en todos os cursos dese nivel) ou a un grupo concreto.

Exemplos:

      • Evento. Márcase nivel ESO e curso SEGUNDO. Este evento mostrarase en 2º ESO A e en 2º ESO B, pero non nos outros cursos.
      • Evento. Non se marca ningún nivel. Este evento móstrase en todos os grupos nos que se dea clase.






Visualizar a información


No lado esquerdo da pantalla amósanse as tarefas pendentes (en verde) e os eventos (laranxa). No lado dereito aparecen as tarefas marcadas como xa realizadas (amarelo), as tarefas que foron anulados (gris con letra negra) e os eventos anulados (gris con letra branca).

Na parte superio están os filtros de información: na parte superior pódese escoller un nivel, un curso, un grupo..., e entón só se amosarán os datos para ese nivel, curso, grupo... O botón pon en branco todos os cadros de texto.

O outro filtro limita ou amplía a información que se amosa: Día / Semana / Mes.





Engadir unha tarefa ou un evento

Hai varios xeitos de inserir unha tarefa ou evento. O primeiro é premendo o botón para que se abra unha ventá emerxente na que se insiren os datos. O segundo é facendo clic dereito sobre unha das datas (en verde) que aparecen no lado esquerdo da pantalla; entón ábrese a ventá emerxente amosando xa un evento ou tarefa para o día sobre o que se fixo clic.



Cancelar unha tarefa ou un evento - Borrar


Para cancelar unha tarefa ou evento facemos clic dereito sobre ela e escollemos "Cancelar este evento/tarefa"; entón o evento ou tarefa pasan ó lado dereito da pantalla marcados como cancelados. No caso de que se queira borrar o evento/tarefa, faise clic dereito sobre el e escóllese "Borrar evento/tarefa); neste caso o evento/tarefa desaparece totalmente da base de datos coma se nunca tivese existido.


Modificar unha tarefa ou un evento


No caso de quere cambiar algún dato dunha tarefa ou evento, faise clic dereito sobre ela e escóllese "Modificar tarefa/evento".


Marcar unha tarefa como realizada


Cando unha tarefa se concluíu pódese marcar como tarefa realizada de dous xeitos: clic dereito sobre ela e escoller "Marcar tarefa como ralizada" ou marcar directamente o cadro de verificación que está á esquerda do evento. En ambos casos a tarefa pasa para o lado dereito e márcase en amarelo.






Manuel Rosales Graña


Created with the Personal Edition of HelpNDoc: Create help files for the Qt Help Framework