Avaliar mediante unha rúbrica/lista de cotexo

Rúbricas ››
Parent Previous Next

Avaliar mediante rúbricas e listas de cotexo




Poñer notas mediante rubricas e listas de cotexo


Na páxina principal de avaliación, ó facer clic dereito sobre calquera cela que admita notas ábrese un menú que inclúe a opción "Avaliar con rúbrica/lista de cotexo". Premendo nela ábrese unha ventá emerxente na que deberemos escoller unha das rúbricas/listas de cotexo que preparamos anteriormente; nesa pantalla na que escollemos a rúbrica/lista de cotexo hai unha opción, "Modificar antes de aplicar", que se a marcamos nos permite modificar a rúbrica/lista de cotexo antes de seleccionala, podendo así facer modificacións nunha rúbrica/lista de cotexo sen que por iso se modifique o modelo orixinal. Tras elixir a rúbrica/lista de cotexo aparecemos na pantalla de avaliación de rúbricas/listas de cotexo;  o funcionamento é moi simple: para cada alumno/a facemos clic sobre os cadros brancos indicando o nivel conseguido en cada un dos indicadores (o lado esquerdo da pantalla móstrasenos a ponderación de cada indicador na nota total). Cando avaliamos todos os indicadores, a parece debaixo da foto do alumno/a a nota nunha escala de 10 lista para ser transferida á cela de avaliación; se algunha nota non queremos que pase á cela de avaliación (porque a queremos poñer manualmente, por exemplo) simplemente desmarcamos a opción "Inserir nota deste alumno/a".


Importante:

      • Na pantalla de Avaliación, as celas que foron avaliadas mediante rúbrica/lista de cotexo aparecen nunha cor diferente; nestas celas podemos poñer unha nota manualmente (diferente á nota que obtivo o alumno/a na rúbrica/lista de cotexo) facendo clic dereito co rato sobre a cela e escollendo "Editar a nota manualmente"; agora xa podemos pór unha nota diferente á obtida na rúbrica/lista de cotexo. Se poñemos unha nota deste xeito e logo volvemos a valiar a rúbrica, a nota perderase se non se desmarca a opción "Inserir nota deste alumno/a".
      • É posible volver a avaliar unha rúbrica facendo clic dereito nunha cela na que xa hai unha rúbrica e escoller "Avaliar rúbrica/lista"; volveremos entón á pantalla desa rúbrica e podemos facer os cambios que queiramos.
      • Para eliminar unha rúbrica facemos clic dereito sobre a cela na que estea esa rúbrica e escollemos "Eliminar rúbrica/lista". Cando facemos isto non desaparecen as notas que se puxeron mediante a rúbrica, que permanecen nese cadro; o que se elimina son os datos do resultado da rúbrica en cada alumno/a, ós que non se poderá acceder máis. É dicir, pérdese a rúbrica, pero as notas que se puxeron mediante ela permanecen nas celas correspondentes.




Manuel Rosales Graña


Created with the Personal Edition of HelpNDoc: Easily create EPub books