Asociar alumnado con materias

Xestión ››
Parent Previous Next

Xestión: Asociar o alumnado coas materias


1.- Premer Asociar Alumnado/Asignaturas na parte superior da pantalla de Xestión.






2.- Escoller Nivel, Curso, Grupo e Asignatura.



Debemos elixir o grupo e a asignatura no que se incluirán os alumnos/as que seleccionemos.





3.- Escoller Alumnado e asocialo con esa Asignatura.


Na pantalla de Asociar Alumnado/Asignaturas no cadro da esquerda aparecen os alumnos/as que actualmente están asociados á materia seleccionada. No cadro da dereita aparecen todos os alumnos/as do centro.

Para asociar alumnos/as coa asignatura só hai que seleccionalos/as no cadro da dereita e logo premer o botón azul. O alumnado seleccionado pasará ó cadro da esquerda e queda asociado con esa asignatura. Para desasignar alumnos/as só hai que seleccionalos/as e premer no botón vermello.

Se o que se quere é asignar todos os alumnos/as dun grupo á asignatura, entón o máis rápido é facer click no cadro superior Marcar Todos/as, que selecciona de vez todo o alumnado do grupo. Para inserir na asignatura alumnado doutros grupos só hai que seleccionar este alumnado no cadro da dereita facendo as eleccións correspondentes.






4.- Cambiar un alumno/a de Asignatura e/ou grupo sen perder os datos que teñamos del/a.


Na pantalla de Asociar Alumnado/Asignaturas temos tamén a posibilidade de cambiar de asignatura e/ou de grupo a alumnado que xa temos asignado/a  sen que se perda ningún dos datos que xa temos dese alumno/a. Para facer isto hai que seleccionar un alumno/a ou vairos no cadro da esquerda e premer o botón Cambiar de grupo.

Na ventá que aparece móstrase no lado dereito o alumnado seleccionado; aquí aínda podemos desmarcar os alumnos/as que non queiramos incluír no cambio. Xusto debaixo móstrase o novo grupo ou asignatura ó que se asignará o alumno/a. No lado esquerdo aparecen todas as materias ás que se pode asignar o alumno/a; cando seleccionamos unha actualízase a información que aparece no lado dereito. Cando unha asignatura se imparte a un único grupo o cadro que indica o novo grupo ó que pasará o alumno/a non pode ser modificado; porén, cando unha asignatura se imparte a varios grupos, podemos seleccionar o grupo no que queremos incluír o alumno/a (que pode ser o mesmo no que xa estaba ou outro diferente). Finalmente, premendo Cambiar modifícanse os datos.







Manuel Rosales Graña


Created with the Personal Edition of HelpNDoc: Easily create PDF Help documents