Todos os comezos son difíciles. Para admirar o ceo nocturno non se precisa aparello ningún, abonda con deixarse ir entre as estrelas e ilas coñecendo un pouco máis de cada vez, ata darlles nomes e, pouco a pouco, ilas xuntando en constelacións. Un día chega o primeiro telescopio, e a palabra lúa toma unha nova dimensión, as estrelas duplícanse, os planetas déixanse ver, hai esluídas nebulosas e todo é novo de vez. Cos anos un empeza a soñar as cores. Pero o noso ollo non ve as cores do ceo nocturno, e o soño convértese nunha cámara CCD, e aparecen galaxias, nebulosas e ...
Levamos moitos anos e sempre estamos a empezar. Como os comezos non son doados e todo se pon sempre costa arriba, agardamos que o pouco camiño que leva andado a nosa experiencia sirva cando menos para animar e axudar a outros a ir un pouquiño máis alá.


Técnicas Fotográficas

Para fotografar as estrelas non son necesarios grandes telescopios nin un material especializado de astrofotografía, abonda cunha cámara (analóxica ou dixital) que poida manter o obturador aberto durante segundos ou minutos e un trespés. Outras técnicas máis elaboradas son a fotografía en paralelo, o método afocal e a fotografía a foco primario.
Ver máis...

Materiais

Para a fotografía do ceo profundo o material que cómpre é máis completo e especializado có necesario para facer astrofotografía básica. O seguinte material devén necesario e imprescindible: montura motorizada, telescopio, focador, sistema de autoguiado, cámara CCD e software especializado.
Ver máis...

Enfoque

Un dos puntos máis críticos de todo o proceso é o enfoque. Sen un bo enfoque nunca poderemos obter boas fotografías. Para un enfoque preciso é importante dispor dun enfocador acoplado a un motor. Tamén resulta de gran axuda o uso dunha máscara, especialmente da máscara de Bahtinov.
Ver máis...

Autoguidado

Cando se pretende facer fotografía de ceo profundo cómpre un sistema de autoguiado, pois por moi boas que sexan a posta en estación e a precisión do seguimento da montura, sempre hai erros que impiden facer longas exposicións. A solución é o autoguiado, que basicamente consiste en que un pequeno telescopio adosado ó telescopio principal vai facendo o seguimento dunha estrela, e calquera variación na posición desa estrela corríxese enviando ordes directamente á montura. O proceso está automatizado e require un ordenador.
Ver máis...

Toma de imaxes

Para poder procesar posteriormente as imaxes é necesario en primeiro lugar tirar as tomas de luz, pero tamén son necesarias outras tomas coma os darks, os flats e os bias.
Ver máis...

Procesamento de imaxes

Para o procesamento de imaxes temos que botar man de programas específicos de tratamento fotográfico, tales como Photoshop, PixelInsight ou MaxIm DL5.
Ver máis...

Programas de utilidade

Son moitos os programas de utilidade que podemos atopar no web de balde: Polarfinder, Bahtinov Grabber, PHD Guiding, PixelInsight LE...
Ver máis...