Fonemas Vocálicos

En palabras con e ou o breves no latín: ferro, fero, besta, festa, medo, pedra, vén, sete, égoa, cego, grego, nove, roda, óso, nora, soño.
Normalmente en palabras esdrúxulas e cultismos: directo, época, óbolo, óbice.
Nas palabras rematadas en -el e -ol (pastel, papel, mel, anel, caracol, español, mol) así como os seus plurais (pasteis, papeis, meles, aneis, caracois, españois, moles).
Nas palabras rematadas en -elo, -ela, -enza, -encio, -encia, -ola, -ocho, -ocha, -ote, -ota e -oz, e tamén os seus plurais: portelo, elo, castelos, cadela, mourenza, silencio, paciencia, caracola, rapazolas, gordocho, vellote, voz, feroz.
Nos nomes das seguintes letras: e, o, efe, ele, eme, ene, eñe, erre e ese.
Nos indefinidos alguén, ninguén, ren, cadaquén, quenquera, calquera, mesmo, certo...
No interrogativo quen.
Nos numerais cero, sete, nove, dez, cen...
Na conxunción copulativa e, aínda sendo átona.
Nas formas do posesivo noso, nosos, nosa, nosas.
Nos pronomes tónicos eu (tamén con pronuncia semipechada), ela (tamén con pronuncia semipechada), nós, vós, connosco, convosco.
En palabras con e ou o longos no latín: cheo, tona, rede, todo, boca, collo.
Nos sufixos tónicos -és, -esa, -edo, -eza, -ello (agás vello), -ella (agás vella), -oso, -on, -ona, -or, -oño e -ollo: cangués, coruñesa, penedo, avareza, pendello, orella, curioso, pasmón, mangallona, comedor, dor, risoño, ferrollo.
Palabras rematadas en -eo, -ea, -oa: feo, fea, alleo, allea, seo, area, leoa, boa, coroa.
Seguidas de consoante palatal (ch, x, ñ, ll) ou formando ditongo con i: empeño, pechas, pecho, deitan, cheira, espello, adoito, mollen, acochas.
No infinitivo dos verbos da segunda conxugación (-er) e no infinitivo do verbo pór: saber, ter, comer, facer, pór, pormos, poren.
Na vogal tónica dos verbos en -ear: ouvean, ceas, coxeo.
Formando ditongos decrecentes: meu, eira, moito, ouro, touro, eito, moucho, noiva, eixe.
Nos nomes das letras seguintes: be, ce, de, gue, pe, te, xe e zeta (ou ceta).
Nos demostrativos este, esta, ese, esa, aquel, aqueles.
Nos numerais tres, once, doce, trece, catorce.
Nos pronomes tónicos eu (tamén con pronuncia semiaberta), el, ela (tamén con pronuncia semiaberta), nosoutros, vosoutros.
As vogais son os sons que nos ofrecen maior abertura dos órganos articulatorios e maior sonoridade. Na súa articulación non hai obstáculo á saída do aire, tan só se modula a abertura da boca e a posición da lingua respecto ó padal. Á parte disto, só as vogais poden ser núcleo silábico, isto é, constituír sílabas.
Os trazos fonéticos que caracterizan as vogais son dous: a localización ou posición da lingua na boca e o grao de abertura ou timbre. O sistema resultante é de tipo triangular con dúas localizacións (anterior e posterior) e catro graos de abertura (aberta, semiaberta, semipechada e pechada).
Cómpre ter en conta que os sete fonemas vocálicos son perfectamente nítidos en posición tónica e a súa oposición é moi produtiva (moitas parellas de palabras diferéncianse por pronunciarse con un ou outro destes fonemas).
En posición átona pretónica tamén é posible distinguir sete fonemas vocálicos diferenciados, pero só nunhas poucas parellas de palabras esta oposición pode provocar un cambio de significado. A aparición de vogais semiabertas en posición pretónica dáse a miúdo con palabras derivadas de formas con vogal tónica aberta: pedriña; herbiña, rodiña, poliña, boliña.
En posición postónica non final só se distinguen cinco fonemas vocálicos (non hai vogais semiabertas) e en posición postónica final tres, nas palabras patrimoniais (non hai vogais semiabertas nin pechadas).